En Marea cree que o discurso de Felipe VI foi “agresivo e autoritario e que aviva máis a crise”

Mantivo unha liña inmobilista, no mesmo ton do Goberno – afirman desde En Marea.
Por o 03/10/2017 | Sección: En Marea,Política
En Marea cree que o discurso de Felipe VI foi “agresivo e autoritario e que aviva máis a crise”

Desde En Marea queren amosar a súa preocupación tras a alocución do Xefe de Estado. Creen que a súa posición leva aparellada unha responsabilidade de mediación que non cumpriu. “Lonxe diso, empregou unha linguaxe agresiva, belicista e autoritaria. Non respectou á cidadanía catalá que, pacificamente, foi votar o domingo e non propuxo ningún tipo de solución senón que tensionou aínda máis. Mantivo no seu discurso a liña inmobilista xa manifestada polo Goberno. Tampouco mencionou aos feridos resultantes da xornada”.

Para en Marea, no seu discurso, “sinalou que a Generalitat quebrantou os principios democráticos de todo Estado de Dereito e socavou a harmonía e a convivencia, mais non lembrou que o Goberno Central empezou a quebrantalos desde o intre en que non quixo sentar coa Generalitat e se instalou no discurso do negacionismo. As detencións, as cargas, as agresións e as intimidacións por parte das forzas de seguridade do Estado si constitúen un quebrantamento do Estado de Dereito”.

Desde En Marea crewn que a única saída responsable nesta situación é a apertura de procesos constituíntes. “Os problemas políticos só poden amañarse con política, non con censura e represión. Levamos 40 anos cunha Constitución que a día de hoxe se amosa insuficiente, atrasada e arcaica para solventar os retos que afronta o Estado, mesmo lonxana para unha gran parte da cidadanía que non se sinte identificada coas normas que recolle”.

Por outra banda, tamén creen que neste momento constituínte “hai que considerar tamén a forma de goberno do Estado, porque a sensación tras o discurso de Felipe VI é que o único xeito de superar o marco de confronto actual é máis democracia, e o xeito de que esta chegue é unha República”.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "En Marea cree que o discurso de Felipe VI foi “agresivo e autoritario e que aviva máis a crise”"

  1. Gamela   04/10/2017 at 6:43

    Na república de En Marea teremos máis ou menos democracia ?

    https://twitter.com/Gamela2017/status/891431631428431874

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.