Marea de Vigo acudirá hoxe á manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e pide a dimisión inmediata da Conselleira de Sanidade

Publicado por o día 03/09/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo acudirá hoxe á manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e pide a dimisión inmediata da Conselleira de Sanidade

Dende a Marea de Vigo, consideramos que o que está acontecendo na sanidade viguesa co novo hospital Álvaro Cunqueiro ten unha gravidade sen precedentes.

tanto o cadro de persoal como os/as usuarios/as, de facto, ven anulados os dereitos adquiridos ata agora tanto no ámbito laboral coma no dereito a unha sanidade pública e de calidade, que foi exemplo en Europa durante anos. Estamos asistindo ó desmantelamento total dos servizos públicos o mesmo tempo que se enriquecen empresas privadas asumindo ao que debe ser xestionado polas entidades públicas, provocando os desastres que están a acontecer nas últimas semanas no novo hospital Álvaro Cunqueiro, onde prima o máximo beneficio de estas empresas co consecuente detrimento do servizo, á vez que as administracións competentes parece que asumen como normal a extrema gravidade do problema.

Por tanto, a Marea de Vigo pide responsabilidades políticas ó Goberno da Xunta e a dimisión inmediata da Conselleira de Sanidade ante esta situación.

ESTA TARDE, ÁS 20:00, A/OS CONCELLEIRA/OS DA MAREA DE VIGO ASISTIRÁN A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.

PRENSA MAREA DE VIGO