Marea de Vigo afirma que a solución a todas as polémicas sobre o transporte pasan pola activación do transporte metropolitano e o cuestionamiento sobre o actual modelo concesional con Vitrasa 

Rubén Pérez “Queremos poñer o foco no verdadeiro atranco para ter un transporte metropolitano: Vitrasa e a finalización da concesión no 2019”
Publicado por o día 16/03/2018 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo afirma que a solución a todas as polémicas sobre o transporte pasan pola activación do transporte metropolitano e o cuestionamiento sobre o actual modelo concesional con Vitrasa 

Na rolda de prensa que tivo lugar no día de hoxe, Xosé Lois Jácome e Rubén Pérez lembraban que no ano 2012, Abel Caballero aseguraba que “non se prorrogaría a concesión a Vitrasa mentres el fose o alcalde”, mais, co remate da concesión no 2019, a inexistencia dos pregos para o novo contrato, a inversión que está realizando a concesionaria actual co envío das Pass Vigo, e o adianto da renovación de 12 autobuses no 2017, o grupo municipal da Marea de Vigo non pode senón cuestionarse a existencia dalgún acordo cara a unha prórroga. “Que sentido ten que Vitrasa no último ano de concesión estea investindo miles de euros nunha campaña como a da Pass Vigo” matiza Rubén Pérez.

Pola súa banda, Xose Lois Jácome explicaba que “ a solución é a reactivación da Área Metropolitana que no seu día foi dinamitada polo PSOE e o PP. É perfectamente posible que Vigo lidere esa Área, tal e como é a súa responsabilidade. En todo caso, para ter transporte metropolitano non é necesaria unha nova Lei da Área, senón vontade política”.

Volvendo ao asunto relativo á actual concesionaria do transporte urbano de Vigo, o grupo municipal anunciou que vai solicitar as últimas auditorías que, tal e como figura no artigo 62 do propio prego de condicións, Vitrasa está obrigada a facer.