Marea de Vigo afirma que é preciso repensar os contratos de promoción turística polos que se soterran millóns de euros en compañías aéreas.

Marea de Vigo afirma que é preciso repensar os contratos de promoción turística polos que se soterran millóns de euros en compañías aéreas.
Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo afirma que é preciso repensar os contratos de promoción turística polos que se soterran millóns de euros en compañías aéreas.

O grupo municipal da Marea de Vigo sempre mantivo unha postura crítica coa política de subvencións e contratos con aeroliñas sen garantías de retorno para o turismo e para a cidadanía, facendo fincapé na necesidade dunha organización entre as cidades galegas con aeroporto para garantir a optimización do uso aeroportuario de Galicia, uso que na actualidade só está xerando competencia entre os diferentes aeroportos.

En todo caso a Marea de Vigo defende que antes de investir nas compañías aéreas desde a institución municipal, por ser este un gasto impropio da administración local, se debe leve a cabo esta coordinación entre as tres cidades na que se analicen todos os datos obxectivos sobre os usos, retornos económicos, ou mesmo as posibilidades de consolidacións dos voos. “A pesar deste investimento, segundo os datos oficiais de AENA, a maioría da pasaxe que viaxa desde Peinador non é nin da provincia de Pontevedra. Aínda así, isto tampouco é o motivo polo que o goberno de Abel Caballero xustifica o contrato con Ryanair, senón que o fai baixo o argumento da ‘promoción da cidade de Vigo’, xa que é a que lle permite a lei por non ser competencia municipal a política aeroportuaria” .

Marea de Vigo así mesmo cuestiona a postura do PSOE vigués en relación a esta cuestión, por considerala pouco coherente con respecto a outras actuacións. “Estase discutindo sobre a ‘condición de vigués ou viguesa’ para usar un aparcadoiro dun hospital que ademais é dunha área que abrangue máis que o municipio de Vigo mentres o mesmo goberno local está soterrando millóns de euros nunha empresa privada para que calquera persoa, con independencia da súa procedencia, se ‘beneficie’ duns supostos prezos máis asumibles á hora de adquirir un voo desde Peinador” matiza Xosé L. Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo.