Marea de Vigo Alerta que moitas fincas forestais de particulares incluídas na faixa secundaria de protección de monte poden estar en risco de non estar limpas a tempo

Rubén Pérez: “tal e como indicou o alcalde de Vigo, a Xunta deixa en mans dos concellos a xestión desta faixa sen poñer recursos e mesmo as liñas de axudas so se artellan para comunidades de Montes”. Do mesmo xeito, sinalou que “o Concello de Vigo pode habilitar axudas ou mesmo orientar plans de emprego para facilitar a limpeza destas fincas nos casos de ser propiedade de persoas que, ou ben non poidan realizar a limpeza directamente ou os seus ingresos sexan escasos, por debaixo do mesmo baremo de IPREM que se emprega para as axudas sociais do Concello.”
Por o 04/06/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo Alerta que moitas fincas forestais de particulares incluídas na faixa secundaria de protección de monte poden estar en risco de non estar limpas a tempo
Compartir en:

Marea de Vigo que outro ano máis se chega tarde á hora de tomar as medidas preventivas para evitar os incendios forestais, tanto no que compete ás responsabilidades da administración autonómica: que segue sen entender a casuística das fincas forestais privadas que son moi numerosas no termo municipal de Vigo, coma no caso do propio concello, que nin sequera ten artellado un servizo de bombeiros con dotacións suficientes para acometer as competencias en materia de extinción especialmente nas fincas que están clasificadas como urbanas. O Concello de Vigo ten 34.083 parcelas afectadas por esta rede secundaria, das que máis de 31.000 son rústicas e máis de 2.000 son urbanas.

Para a Marea de Vigo, que a partir do 31 de maio de cada ano (no caso do Concello de Vigo este 2019 xa se chega tarde porque foi na xunta local do 9 de maio onde se aprobou a Delimitación da Rede Secundaria de faixas de xestión de biomasas do Concello de Vigo deixando apenas 21 días para habilitar as fincas) os propietarios teñan que ter limpas de especies pirófiras as súas fincas: eucaliptos, mimosas, xestas, fentos e toxos, piñeiros etc…. poderá ser cumprido polos terreos propiedade de comunidades de Montes, pero en moitos casos de particulares isto non será posible, e especialmente nos casos de familias en risco de pobreza ou con ingresos insuficientes, para as que afrontar os traballos de limpeza forestal será moi difícil.

Ademais, o feito de que no caso de non acometer estas accións a execución forzosa subsidiaria sexa realizada polo concello de Vigo, e logo sancionando a persoa propietaria cobrarlle o custo, pode significar incluso un importe elevadísimo ao realizalo subsidiariamente empresas contratadas polo propio Concello.

Marea de Vigo considera que hai recursos municipais para acometer a habilitación desta faixa de xestión de biomasa para evitar que a concreción da mesma supoña un custe inasumible para moitas familias viguesas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.