Marea de Vigo ante a venda de patrimonio municipal para tapar a débeda do Mar de Vigo

Rubén Pérez: “Os máis de catro millóns de euros que se ingresaron por esta venta de bens que formaban parte do inventario municipal tiñan que adicarse prioritariamente á creación dun parque municipal de vivenda de emerxencia e non a tapar a vergoña que supón a débeda do Auditorio Mar de Vigo, tal e como figura no Plan Económico Financeiro presentado hoxe na Comisión de Facenda do Concello e votado negativamente pola Marea de Vigo”.
Por o 20/02/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo ante a venda de patrimonio municipal para tapar a débeda do Mar de Vigo

Rubén Pérez: “Os máis de catro millóns de euros que se ingresaron por esta venta de bens que formaban parte do inventario municipal tiñan que adicarse prioritariamente á creación dun parque municipal de vivenda de emerxencia e non a tapar a vergoña que supón a débeda do Auditorio Mar de Vigo, tal e como figura no Plan Económico Financeiro presentado hoxe na Comisión de Facenda do Concello e votado negativamente pola Marea de Vigo”.

O aumento dos desafiuzamentos, tal e como asegura o Consello Xeral do Poder Xudicial, sitúase en Galicia nun 14%. Ante esta incesante perda de vivenda por parte de familias sen recursos ou en risco de exclusión social, Marea de Vigo volve afirmar que se podería ter dado un destino moi diferente ao diñeiro tras a venda deses 23 pisos na rúa República Argentina. “Os valores catastrais e os prezos de saída desas vivendas eran altos, polo que co recadado en cada vivenda poderían adquirirse varios inmobles repartidos polo conxunto da cidade, co obxectivo de artellar un parque de vivenda municipal de emerxencia”.

Marea de Vigo rexeitou no seu día este alleamento público de vivendas e soares que o Goberno local aprobou na Xerencia de Urbanismo, en concreto as 23 vivendas na Rúa República Argentina e varios soares de titularidade municipal. “Non entendíamos naquela altura como a escusa da obtención de recursos económicos pode ser un criterio para allear patrimonio público, tal e como figura na proposta de expediente, cando, ademais, a situación económica da que alardeaba o Goberno municipal do Concello de Vigo non o precisaba” matiza Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera que o destino final dos recursos económicos obtidos nas poxas públicas polas 23 vivendas vendidas ten que ser inescusablemente dotar de máis patrimonio público e vivendas coas que o Concello poida paliar a inexistencia de vivendas de emerxencia social para familias que son expulsadas dos seus fogares, especialmente aquelas onde existen menores e persoas dependentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.