Marea de Vigo ante o ninguneo de Abel Caballero cara ao Consello Municipal de Cooperación

Marea de Vigo considera que Abel Caballero ningunea ao Consello Municipal de Cooperación e o seu funcionamento ao asignar sen concurso axudas á cooperación e ao desenvolvemento e sen que pasen polo organismo.
Por o 21/06/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo ante o ninguneo de Abel Caballero cara ao Consello Municipal de Cooperación

Oriana Méndez indicou que “non estamos en contra de que se asignen 185.000 euros a proxectos de Unicef en Siria” senón que o que denunciamos é que existe un regulamento de concorrencia, normalizado polas propias ONGD no Consello Municipal, que obriga a presentar proxectos, ser valorados e logo asignar recursos segundo esa valoración. Este sistema, habitual entre as administración públicas para as axudas á cooperación e ao desenvolvemento, está a infrinxirse perigosamente na cidade de Vigo con estas prácticas, ademais de ser un agravio ao conxunto das ONGD´s da cidade que contan tamén con proxectos moi interesantes e que necesitan financiamento tamén nas acción nos países onde actúan.

Marea de Vigo-Son En Común considera que xa no seu día foi un erro por parte do Concello abandonar o Fondo Galego de Cooperación, en teoría para xestionar dende Vigo os recursos en materia de Cooperación ao Desenvolvemento. A realidade foi que finalmente na maior parte dos exercicios orzamentarios a partida de 95.000 euros que antes se adicaba a cooperación ao desenvolvemento non se executou.

“Vigo – sinala Oriana Méndez –  segue sen efectuar un recoñecemento da política de cooperación ao desenvolvemento como unha política municipal pública e social. Segue sen garantir dotacións orzamentarias suficientes e estamos hoxe lonxe de chegar a unha dedicación mínima dun 0,4% dos orzamentos xerais consolidados actuais o que permitiría seguir avanzando cara ao obxectivo do 0,7%”.

 

Una respuesta para "Marea de Vigo ante o ninguneo de Abel Caballero cara ao Consello Municipal de Cooperación"

  1. Gamela   22/06/2019 at 12:00

    Cicais fora boa cousa empezar polo principio…

    Actualizar a web do Concello cos datos dos novos concelleiros e concelleiras igual era unha boa maneira de tomar en serio a representación da cidadanía…

    Dende VigoDenuncia estamos agardando a posibilidade de contactar cos novos concelleiros !!!

    http://hoxe.vigo.org/oconcello/grupos_composicion.php#/

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.