Marea de Vigo asistirá ao pleno extraordinario do luns e demanda que sexa celebrado no auditorio municipal

Publicado por o día 28/03/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo asistirá ao pleno extraordinario do luns e demanda que sexa celebrado no auditorio municipal

– As/os candidatas/os da Marea de Vigo consideran “Antidemocrático e caciquil” intentar encher o salón de plenos de persoas afíns ao alcalde e lembra que “é no pleno onde de xeito natural hai que dar explicacións sobre actuacións do goberno local”.

– Para a Marea de Vigo resulta insuficiente o pleno extraordinario e piden a apertura dunha comisión municipal de investigación sobre a presencia de familiares de concelleiros e concelleiras nas plantillas das contratas municipais.

– Á sesión plenaria do luns asistiran Rubén Pérez, cabeza de lista da Marea de Vigo, Marga López no 2 e Xose Luis Jácome, nº 3 da candidatura. Piden que o pleno sexa celebrado no auditorio municipal.

– As/os candidatas/os da Marea farán declaracións aos medios na entrada do Concello ao rematar o pleno extraordinario previamente ao ordinario

MAREA DE VIGO considera que estas prácticas de contratación opaca nas concesionarias municipais é resultado das privatizacións de servizos municipais que convertiron as empresas que se fixeron cos servizos públicos en instrumentos de canalización de favores aos grupos municipais e aos partidos.

Para a MAREA DE VIGO estas relacións clientelares estableceronse como “normais”, xustificandoas no feito de que a contratación en empresas privadas “é absolutamente libre e arbitraria”.

É absolutamente sospeitoso que os sucesivos gobernos municipais tivesen capacidade de incidir nesta contratación privada o que pode amosar unha contraprestación por parte da administración pública.

MAREA DE VIGO considera que este pleno extraordinario será unha posta en escena ao estilo dun “sainete”, xa que mentras non existan cláusulas relativas a esta forma de contratación nas bases dos contratos públicos esta práctica seguirá existindo no Concello de Vigo amparada pola liberdade de contratación das empresas privadas.

PRENSA MAREA DE VIGO