Marea de Vigo comprométese a que a cidade estea na axenda política da negociación do novo Goberno de España e á defensa dos intereses da cidade no Congreso dos Deputados

Trasladarán a Yolanda Díaz e Pablo Iglesias asuntos como o tramo urbano da AP-9 e a gratuidade da Ponte de Rande, a saída do tren cara a Portugal os riscos de privatizar o Porto ou a Biblioteca do Estado
Por o 14/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo comprométese a que a cidade estea na axenda política da negociación do novo Goberno de España e á defensa dos intereses da cidade no Congreso dos Deputados

O candidato da Marea de Vigo á Alcaldía da cidade, Rubén Pérez, comprometeuse hoxe a que Vigo estea presente nas negociacións sobre o novo Goberno de España que están a manter En Común-Unidas Podemos e Pedro Sánchez. Rubén Pérez xa trasladou á deputada de EU Yolanda Díaz a ao de Podemos Pablo Iglesias un documento que recolle as principais necesidades da cidade de competencia estatal.

As personas da candidatura encabezada por Rubén Pérez manterán un encontro con Díaz e Iglesias o vindeiro día 22, aproveitando que visitarán a cidade para participar nun acto electoral de apoio á Marea de Vigo.

O documento inclúe asuntos como a necesidade de conversión en tramo urbano da entrada na cidade da AP-9 dende a Torre de Padín. Lembra tamén o compromiso de loitar para acadar a gratuidade do paso pola Ponte de Rande, como xa se fixo en Cangas, e a recuperación da Autopista por parte de Estado.

Outro asunto que pasará a formar parte da axenda política de Madrid por iniciativa da Marea de Vigo serán as deficientes conexións ferroviarias da cidade, tanto no Porto comercial e pesqueiro como no que se refire á creación dunha saída no sur cara a Portugal e a inclusión no Corredor Atlántico de Mercancías.

Marea de Vigo considera perigosas as políticas de privatización no Porto, que poden afectar mesmo á lonxa de peixe, polo que también incluiron este asunto no documento que fixeron chegar a Díaz e Iglesias.

Por último, o documento lembra a necesidade de que Vigo conte cunha biblioteca do Estado que contribúa a paliar a actual carencia nesta materia.

Rubén Pérez manifestou que Marea de Vigo acude a estas eleccións coa experiencia de ter traballado no Concello nos últimos catro anos “nos que presentamos ante o Pleno iniciativas sobre todos estos asuntos de competencia Estatal”. Pérez lamentou que até o de agora o goberno local non lograra ningún destes obxectivos.

O candidato da Marea de Vigo destacou que a proposta desta formación, ao aglutinar a todas as forzas da esquerda da cidade, ten interlocutores no Parlamento de Galicia, no Congreso dos Deputados e no Parlamento Europeo e poder trasladar dun xeito directo os problemas que afectan á cidadanía de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.