Marea de Vigo considera escandalosos os vínculos que amosan a existencia dun salario de 97.000 euros nunha concesionaria municipal

Publicado por o día 19/01/2016 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo considera escandalosos os vínculos que amosan a existencia dun salario de 97.000 euros nunha concesionaria municipal

Pide que o Concello aclare si o empregado que ten este salario coincide co que “tivo que declarar en dependencias policias e xudiciais” sobre a contratación de familiares de membros do Goberno Local.

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, lembra que “foron despedidas 4 traballadoras dos centros cívicos dentro da concesión de IMESAPI sen ser subrogadas e agora para este contrato se blinda a subrogación do cadro de persoal incluído este salario, que corresponde a labores de xerencia da empresa que opera en moitos concellos non so o de Vigo; polo que estamos pagando custos estructurais da empresa, non da concesión”. MAREA sospeita do cambio de declaración de ese empregado en dependencias policiais e xudiciais, resultando moi “curiosa”.

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, considera xa inaprazable a concreción de comisións de control e seguimento das concesionarias públicas sobre todo porque a sospeitas de que poden converterse en “plataformas de contratación partidaria dos gobernos municipais” está máis que fundamentada.

MAREA DE VIGO pedirá aclaracións xa no vindeiro pleno de como a redacción do prego de condicións ven de ser impugnado por unha empresa licitante por cuestión derivadas dos custos salariais presentes no devandito prego.

PRENSA MAREA DE VIGO