Para Marea de Vigo, “ademais do exercicio do 2021, pódese incluír esa reforma integral nos usos do remante de tesourería ou ser financiadas con cargo ao superávit que vai xerar o exercicio 2020, mesmo tamén ser financiable con recursos dos fondos europeos que chegarán o ano que vén” sinala Oriana Méndez, concelleira do Grupo.
Marea de Vigo volve a denunciar, tras telo feito no ano 2015 e 2018, a “situación que viven ducias de atletas profesionais na nosa cidade, cunhas pistas que, aínda que recuperaron recentemente a homologación para competicións oficiais por parte da Federación Española de Atletismo, seguen a necesitar unha rehabilitación integral das instalacións e mesmo a cubrición das pistas para permitir seguir realizando entrenos e competicións en situacións climatolóxicas adversas” explica Oriana Méndez.
Marea de Vigo suma así “a necesidade de consignar unha partida orzamentaria para acometer dunha vez por todas unha reforma integral dun espazo que empregan ducias de deportistas profesionais e amateurs” ao xa denunciado sobre “o estado das instalacións e a falla de personal para o mantemento e apertura e peche das mesmas” segundo engade a concelleira.
Noticias de última hora en Vigo