Marea de Vigo considera un auténtico disparate acusacións verquidas polo alcalde contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo”

Publicado por o día 23/02/2016 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo considera un auténtico disparate acusacións verquidas polo alcalde contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo”

Marea de Vigo cualifica de “vergoñento e indecente” o papel do alcalde de Vigo estas semanas unha vez que o propio PSOE presenta una emenda á totalidade no Parlamento de Galicia ao Proxecto de Lei de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia co contido das demandas de Marea de Vigo.

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde de Vigo contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo” por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.

Segundo Rubén Pérez, é curioso ver como o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura do alcalde de Vigo, que queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA .

A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións que foi dende o minuto 1 a demanda principal que Marea de Vigo expresou publicamente. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.

Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á “discrecionalidade” na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais.

Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un “auténtico chiste” que o propio PP emende ao Goberno da Xunta e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.

En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.

PRENSA MAREA DE VIGO