Marea de Vigo considera un insulto á cidadanía o pleno extraordinario de hoxe

Publicado por o día 30/03/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo considera un insulto á cidadanía o pleno extraordinario de hoxe

– As/os candidatas/os da Marea de Vigo que asistiron hoxe ao pleno extraordinario consideran “infame” que en 15 minutos o pleno liquide un debate sen acordos nin conclusións sobre o sistema de contratación nas concesionarias de Vigo.

– A Marea de Vigo sigue considerando insuficiente o pleno extraordinario e reafirmase en pedir a apertura dunha comisión municipal de investigación sobre a presencia de familiares de concelleiros e concelleiras nas plantillas das contratas municipais.

Á sesión plenaria do luns asistiron Rubén Pérez, cabeza de lista da Marea de Vigo, Marga López no 2 e Xose Luis Jácome, no3 da candidatura. MAREA DE VIGO considera que a actuación de simpatizantes e militantes do PSOE con carteis que interrumpiron e aplaudiron varias veces durante o pleno foi consentida e permitida mentres que dúas personas foron expulsadas por pedir o mesmo trato de favor á hora de formular protestas. MAREA DE VIGO considera que estas prácticas están convertindo o pleno do Concello nun espazo de bronca contínua, feito que nunca aconteceu de xeito tan contínuo nas lexislaturas pasadas.

MAREA DE VIGO pide aplicar o ARTIGO 51 do regulamento do pleno no tocante ás COMISIÓNS ESPECIAIS o que permite “constituír, en calquera momento, comisións para un asunto concreto co fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Esta comisión debería elaborar un informe que veña a dar luz e taquígrafos sobre os procesos de contratación nas empresas concesionarias, pero mesmo auditar a elaboración de pregos, adxudicación e mesmo se realmente realizouse un seguemento das contratacións públicas por parte do Concello de Vigo Esta comisión contaría tamén, tal e como recolle o regulamento, coa presenza de persoal do Concello que participara directa ou indirectamente na elaboración ou aprobación dos pregos e no control das concesionarias.

PRENSA MAREA VIGO / FOTO: Roberto Solano