Marea de Vigo cualifica a política laboral do Goberno local coma “calamitosa e lesiva” cos dereitos laborais do persoal municipal

Tras o enésimo fallo xudicial que viu contradicir as decisións do Goberno de Abel Caballero en materia laboral, neste caso sobre o Decreto do Goberno sobre os servizos mínimos na folga de bombeiros, o Grupo municipal da Marea de Vigo afirma que “este novo fallo xudicial supón unha mostra máis da necesidade de repensar a política laboral por parte do Goberno local”.
Publicado por o día 03/02/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo cualifica a política laboral do Goberno local coma “calamitosa e lesiva” cos dereitos laborais do persoal municipal

O fallo, coñecido o pasado venres, súmase ás varias sentenzas en contra coas que xa conta o Goberno local, “sentenzas de suma importancia en canto á violación de dereitos laborais – matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal – Algo que se espera inconcibible dun Goberno que di defender os dereitos das e dos traballadores, contando incluso entre elas con cuestións tan graves coma a represión sindical, coma o caso do traballador da oficina de inmigración, pola que o Concello foi condenado a pagar unha multa”.

Nesta ocasión o xulgado dálle a razón aos demandantes, CIG e CUT, no seu recurso polo uso abusivo dos servizos mínimos decretados polo Goberno de Abel Caballero ante unha folga do servizo de bombeiros convocada hai xa varios meses, xa que, tal e como denunciaban as centrais sindicais e o xulgado viu reiterar, “eses servizos significaban o 100% do servizo, eliminando en efecto o propio dereito á folga”.

“Cremos que xa é hora de que o Goberno local mude por completo o xeito de actuar ante o persoal municipal, mesmo os feitos que levaron nesta ocasión á convocatoria da folga, son absolutamente inaceptables. Non se pode ir asinando decretos de xeito unilateral evitando a negociación coa representación dos traballadores e traballadoras, e dende logo que non se pode pasar por enriba da lexislación laboral, como levan facendo nos últimos anos e tal e como a xustiza en moitos casos viu corroborar” conclúe Rubén Pérez.

Una respuesta para "Marea de Vigo cualifica a política laboral do Goberno local coma “calamitosa e lesiva” cos dereitos laborais do persoal municipal"

  1. Gamela   05/02/2020 at 11:47

    Nunca pensamos que esta xente viñera para bloquear á cidadanía…
    Xa están á mesma altura de Abel e Carmela. Todo un éxito…

    https://cabozo.com/taboext.php?grupo=taboleiro&id=9284820

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.