Marea de Vigo cualifica como delirante o conflito xunta-concello sobre parques infantís cando este “ten unha solución lóxica e inmediata que depende exclusivamente do concello”.

Marea de Vigo lembra que existe unha concesión municipal que por desgraza só dispón de 5 traballadores e que con maior persoal e recursos podería realizar ademais do mantemento dos parques infantís a súa desinfección diaria, máis necesaria e imprescindible hoxe en día.
Publicado por o día 17/06/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo cualifica como delirante o conflito xunta-concello sobre parques infantís cando este “ten unha solución lóxica e inmediata que depende exclusivamente do concello”.

Marea de Vigo lémbralle ao alcalde que “leva varios anos consignando no orzamento un millón de euros para parques infantís e bioasaudables” e que “no 2019, unha vez aprobada a partida, retiroulle 809.000 deixando 190.000 euros para a mesma e executando finalmente 0 euros dos mesmos”.

“Non existe obrigación de vixiantes nos parques” como dixo o alcalde, mais “o que ten que ter é seguemento da policía local tal e como se fai na vía pública” matiza Rubén Pérez. “O que si é necesario – prosigue – nesta e noutras concesións relacionadas cos espazos e mobiliarios públicos, é adaptalas aos criterios de seguridade das persoas que mandata a nova normalidade que por desgraza imos vivir nas nosas cidades”.

O Grupo municipal incide en que “dende hai anos queda sen executar unha partida que supera o medio millón de euros nos investimentos previstos de PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES” e que a concesión de mantemento de parques infantis, biosaudables e bancos que xestiona o Concello “ten que modificarse e adaptarse á nova realidade post-covid19 modificando o contrato para que inclúa actuacións de limpeza e desinfección, incorporando persoal permanentemente á concesión que faga esa tarefa”.

Fanse modificatorios de contratos a ducias ao longo das lexislaturas, e este, segundo a Marea de Vigo, é especialmente necesario porque só 5 persoas estan a manter os parques infantís da cidade, os milleiros de bancos na vía pública e os parques biosaudables que progresaron numéricamente en Vigo de xeito inversamente proporcional ao persoal asignado ao seu mantemento.

Que imos gastar máis recursos en Vigo pola COVID-19 é unha realidade, así como que outras administracións terán que facer o mesmo en sanidade, educación, seguridade laboral, etc… pero o que hai que afrontar urxentemente é a nova realidade. “Os recursos municipais non son infinitos e entre despilfarros de luces e nadal e seguridade das persoas é preciso establecer prioridades” conclúe Rubén Pérez, voceiro do grupo Municipal da Marea de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.