Marea de Vigo cualifica como transcendentais para Vigo e a súa cidadanía os acordos contidos no pacto de goberno entre PSOE e Galicia en Común

Rubén Pérez: “Non hai ningunha urxencia maior para un vigués ou viguesa que a blindaxe das pensións públicas ou a derrogación da reforma laboral e a articulación de aumento do SMI ate o 60% do salario medio, aspectos incluídos no acordo que facilitará un Goberno no día de hoxe. Mellorar os ingresos das familias traballadoras é o inicio de todo, da mellora das condicións de vida das persoas, os seus dereitos e da súa autonomía económica”.
Publicado por o día 07/01/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo cualifica como transcendentais para Vigo e a súa cidadanía os acordos contidos no pacto de goberno entre PSOE e Galicia en Común

Marea de Vigo valorou hoxe como “moi positiva para a cidade a investidura do presidente do Goberno co apoio de numerosas formacións políticas, especialmente o grupo confederal de Unidas Podemos no que participa o espazo galego Galicia en Común”. E é positivo porque “por primeira vez na historia recente do estado español se está a investir un presidente grazas a un acordo político entre dúas formacións que permitirá configurar un Goberno de coalición con retos e obxectivos políticos medibles”. Marea de Vigo considera este feito como unha garantía política, que obviamente a cidadanía debe vixiar, de avances en materia de políticas sociais xustas cara a unha sociedade con dereitos democráticos.

Marea de Vigo, como forza independente, segue a defender a mobilización popular como imprescindible para que estes acordos finalmente sexan levados adiante e lamenta que Abel Caballero considere, como hoxe en rolda de prensa, irrelevantes ás forzas plurais e democráticas e aos socios de goberno e demais forzas que van a apoiar a investidura, cando estes acordos existen polas necesarias demandas dos movementos sociais, coma os pensionistas e o feminismo, que levan anos nas rúas.

O acordo garante a conexión Vigo e o seu Porto do Corredor Atlántico, o investimento en mellora do saneamento da Ría de Vigo, especialmente nos aspectos relacionados co sistema de depuración, e investimentos reais contra a deslocalización de empresas ao Norte de Portugal.

Por primeira vez, e grazas a En Común-Unidas Podemos, artellase dende un Goberno unha visión do sistema ferroviario centrado nas necesidades reais da cidadanía: conexión ferroviaria de cercanías, aposta polo transporte ferroviario de mercadorías e non exclusivamente “no mantra do AVE”.

Marea de Vigo valora como altamente esperanzadores os contidos políticos do acordo que afectan á cidade de Vigo, dende cuestións centrais como a conexión co Corredor Atlántico como aposta estratéxica do Goberno, a limitación da subcontratación laboral que afecta especialmente en Vigo a miles de traballadores e traballadoras de sectores como os servizos, a construción, o naval e automoción mediante a modificación do art. 42.1 do Estatuto dos Traballadores, a reforma da Seguridade Social para garantir as pensións públicas dignas e sostibles, a derrogación da Lei Mordaza que tivo a tantos vigueses e viguesas encausados por actuacións en piquetes e folgas, actuacións decisivas para completar as medidas pendentes do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nunha cidade como Vigo onde as agresións e a violencia machista aumenta día a día, o apoio orzamentario a lingua galega e aos sectores artísticos e culturais galegos, e o compromiso firme a reducir nun 75% nesta lexislatura as listas de agarda do sistema público de dependencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.