Marea de Vigo cuestiona o convenio entre Concello e Bispado por tratarse de “investimentos discutibles en canto a súa consideración coma prioridade patrimonial”.

Rubén Pérez: “As propostas que se están poñendo enriba da mesa, como a instalación dun Sagrado Corazón na Guía, ou a reparación do paso da Procesión do Cristo non teñen nada que ver coas prioridades que debe ter unha administración pública con respecto ao patrimonio eclesiástico”.
Publicado por o día 07/12/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo cuestiona o convenio entre Concello e Bispado por tratarse de “investimentos discutibles en canto a súa consideración coma prioridade patrimonial”.

Tras coñecer as primeiras propostas que emanan do convenio entre o Concello e o Bispado de Tui-Vigo, Marea de Vigo considera as mesmas como “discutibles en canto a súa consideración como prioridade patrimonial”.

Este convenio, que garante o investimento de máis de 300.000 euros para a reparación e rehabilitación de diversos espazos coa titularidade da Igrexa, “non ten que ver coa defensa patrimonial que ten que facer unha administración pública laica” apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

“Os recursos públicos que saen dunha administración – explica o voceiro – deben ser para edificios que están en situacións que requiran da urxencia de rehabilitación, como pode ser en risco de derrubamento”. As propostas que se están poñendo enriba da mesa, como a instalación dun Sagrado Corazón na Guía, ou a reparación do paso da Procesión do Cristo “non teñen nada que ver coas prioridades que debe ter unha administración pública con respecto ao patrimonio eclesiástico que pode ser susceptible a un grave deterioro, como podería ser o caso dos cruceiros ou doutros edificios que poderían considerarse ben patrimonial e contar cunha axuda pública para a súa restauración” engade Rubén Pérez.

Alén disto, Marea de Vigo quere engadir que en rehabilitacións como a das escaleiras da igrexa de Freixeiro, “tampouco se entende o motivo de non erradicar a inscripción de Primo de Rivera do lugar, propoñendo simplemente a reparación das escaleiras de acceso”. “Dende logo – prosigue o voceiro – non pode ser que cuestións que teñen máis que ver co credo e co sentimento relixioso particular conten con recursos públicos do concello”

O que se traslada á vista destas actuacións, segundo a Marea de Vigo “só é unha política oportunista e populista de Abel Caballero que nada ten que ver coas necesidades de patrimonio senón coa necesidade de atraer un voto que tradicionalmente sempre foi conservador” conclúe o voceiro do Grupo municipal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.