Marea de Vigo defende que a cidade debe sumarse á tendencia dos grandes municipios europeos de remunicipalización do abastecemento e saneamento da auga para unha xestión máis xusta a adaptada ao ben común

O candidato á Alcaldía, Ruben Pérez, considera necesario un modelo cunhas tarifas mais axeitadas ao consumo real e que teñan en conta as necesidades específicas das persoas en risco de pobreza ou exclusión social
Por o 19/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo defende que a cidade debe sumarse á tendencia dos grandes municipios europeos de remunicipalización do abastecemento e saneamento da auga para unha xestión máis xusta a adaptada ao ben común
Compartir en:

O candidato da Marea de Vigo á Alcaldía, Rubén Pérez, reiterou hoxe a necesidade dunha xestión da auga dende o público a través da remunicipalización do abastecemento e o saneamento, e lembrou que a remunicipalización é un debate que xa se deu ou se está a dar en cidades como Barcelona, Berlín, Bruselas, Dublin, Edimburgo, Estrasburgo, Ginebra, Milán, París ou Setúbal. Referiuse tamén a propostas como a “Rede Auga Pública” ou a iniciativa europea “A auga é un dereito humano”.

Para o candidato da Marea de Vigo, a nosa cidade non debe quedar fora deste debate internacional que ten en conta consideracións sociais e medioambientais para unha correcta xestión de todo o ciclo da auga.

Rubén Pérez fixo estas reflexións durante a visita a parroquia viguesa de Zamáns, onde se atopa un dos encoros que proporcionan auga á cidade. En Zamáns percorreu, xunto coas persoas da candidatura da Marea de Vigo, o mercado que todos os domingos se instala no alto de San Cosme.

A proposta da Marea de Vigo sobre a auga pública salienta a necesidade de que calquera modelo teña en conta unhas cláusulas sociais que garantan o abastecemento para casos de pobreza ou exclusión social. Sinala tamán que é necesario establecer unhas tarifas axeitadas ao consumo, ao contrario do que sucede no sistema actual, no que unha grande parte da poboación paga por unha cantidade de auga que non necesita. Rubén Pérez sinalou que “trátase dun sistema arbitrario que, ademais, non incentiva o aforro ao tarificar trinta metros cúblicos de consumo en bloque”. En calquera caso, Rubén Pérez defendeu que o único obxectivo que debe ter o abastecemento e o saneamento da auga debe ser o ben común, e non as estratexas de beneficios dunha compañía privada.

Pola súa banda, a candidata número dous da Marea de Vigo, Oriana Méndez, que tamén estivo na visita a Zamáns, manifestou que “na Marea de Vigo defendemos o noso entorno natural como ben común”. Por iso, engaiu, “esiximos que no que corresponde ao Concello de Vigo, se declare á Serra do Galiñeiro como parque natural, para a súa efectiva protección”.

Na visita a Zamáns tamén participaron o número tres da candidatura, Xaquín Pastoriza e a número catro, Estela Miler. No mercado do Alto de San Cosme coincidiron con outra das candidaturas de unidade popular da bisbarra: GañaMos.

Una respuesta para "Marea de Vigo defende que a cidade debe sumarse á tendencia dos grandes municipios europeos de remunicipalización do abastecemento e saneamento da auga para unha xestión máis xusta a adaptada ao ben común"

  1. Gamela   20/05/2019 at 6:02

    Se queren falar de privatizacións aquí lles deixo un programa completo (o mesmo que a Marea de Vigo é incapaz de redactar!) https://i.gal/VigoDenuncia

    Estamos fartos de postureo bartato… ¿por que Rubén nin abriu a boca cando o alcalde vendeu o patrimonio de tódolos vigueses en subasta pública?

    ¿Acaso 40 pisos no centro de Vigo non foi privatizar o que era de todos?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.