Marea de Vigo defende que os barrios e parroquias teñan mais peso na toma de decisións na política municipal mediante a creación de Xuntas de Distrito

O candidato á alcaldía, Rubén Pérez, aposta por unha relación igualitaria e transparente coas Asociacións de Veciños e Veciñas, non condicionada polo medo, a por unha maior atención ao comercio e a veciñanza que non está no centro
Publicado por o día 15/05/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo defende que os barrios e parroquias teñan mais peso na toma de decisións na política municipal mediante a creación de Xuntas de Distrito

O candidato da Marea de Vigo á Alcaldía da cidade, Rubén Pérez, reiterou a súa aposta por un modelo de cidade “que evite diferencias de trato entre o centro e os barrios e parroquias, que non fan mais que abondar nunha inxustiza histórica que provoca a existencia de cidadanía de primeira e de segunda”.

No seu prantexamento para unha xestión municipal mais participativa, Marea de Vigo defende un modelo de cidade descentralizada, que teña en conta os problemas e necesidades específicos de cada núcleo de poboación. O candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, suliñou que, até o de agora, a actuación das Asociacións de Veciños e veciñás está moi condicionada pola existencia dunha maioría absoluta “que permite que as visóns críticas podan ser castigadas”.

Rubén Pérez destacou a necesidade de que Marea de Vigo continúe no Concello cunha representación reforzada, porque é necesario que alguén poña o contrapunto progresista en defensa das personas, e evite unha política de “barra libre” para todo. Para a candidata número dous da Marea de Vigo, Oriana Méndez, “a creación de Xuntas de Distrito e de Parroquias é unha reivindicación histórica das esquerdas na cidade de Vigo, porque se trata dunha ferramenta da cidadanía para construír un Concello democrático e participativo no que a veciñanza das parroquias tome decisións por si mesma e non mediante a intermediación de Asociacións partidarias”.

Marea de Vigo propón a creación dunha figura administrativa municipal en cada unha das zonas que comparten necesidades específicas. As Xuntas de Distrito permitirían unha planificación concertada e coordinada que evite que se sigan a producir diferencias de atención e profundicen nas desigualdades. Hai aspectos da xestión municipal no que esta coordinación é especialemente importante, como é o transporte público colectivo. As personas encargadas de tomar as decisión deben coñocer dun xeito directo e obxectivo as necesidades de cada barrio e parroquia para unha plaificación das rutas ao servizo da cidadanía, e non ao servizo da estratexia económica dunha compañía privada.

Esta descentralización é tamén necesaria para a defensa e a promoción do comercio de proximidade nos barrios. O comercio de proximidade, ademáis de reverter os beneficios na comunidade local, garante un maior respeto polo medio ambente e pola produción local.