Marea de Vigo denuncia a continuidade do desmantelamento da EMAO por parte do Goberno de Abel Caballero, agora coa escusa da COVID

Oriana Méndez: “Para o curso que vén, só se ofertan 59 prazas de novo acceso, reservándose, supostamente, o resto para o alumnado que repite curso por mor da covid. O curso pasado, no que houbo unha demanda dunhas 600 persoas que solicitaron o ingreso nalgunha das disciplinas da EMAO, ofertáronse escasamente 300 prazas. Reducir agora as prazas de novo acceso a 59 é laminar o futuro da Escola e tamén o futuro laboral de moitísima xente”.
Publicado por o día 15/07/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo denuncia a continuidade do desmantelamento da EMAO por parte do Goberno de Abel Caballero, agora coa escusa da COVID

Marea de Vigo, tal e como fixo na anterior lexislatura, volve a denunciar a situación na que se está deixando á Escola Municipal de Artes e Oficios, situación, segundo o Grupo municipal, que “non supón novidade algunha, xa que o desmantelamento da escola vén de varios anos atras, coincidindo co Goberno de Abel Caballero”

“É unha absoluta irresponsabilidae deixar caer a esta escola centenaria – asegurou Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo – , na que se teñen formado grandes artesáns de recoñecemento internacional, e que ademais conta cunha gran demanda de acceso”. “Isto só supón – continuou – unha falta de visión cultural por parte deste Goberno que insiste en colocar as expresións artísticas nun segundo ou terceiro plano”.

Xa no pasado curso do 2018-2019, a causa da mala xestión en materia de recursos humanos por parte do Goberno local, as clases tivéronse que suspender en reiteradas ocasións pola falla de persoal tanto docente como administrativo. “Debido a esta mala xestión, o curso pasado xa non comezou de xeito ordinario, comezando as clases en xaneiro en lugar de setembro por non ter feito antes a selección do persoal” indicou Oriana Méndez.

Ante esta situación, “o que nos atopamos agora é que na convocatoria para o curso que vén só se ofertan de novo acceso as prazas que quedaron vacantes do pasado curso; isto é, 59 prazas para o novo curso fronte as arredor de 300 que se ofertaban nos pasados cursos”.

Marea de Vigo avoga por poñer á disposición da EMAO e habilitar espazos municipais para poder desenvolver clases para o vindeiro curso. “É vontade politica habilitar espazos para poder ofertar máis prazas ante a demanda por parte da cidadanía, favorecendo ademais que se seguise contratando máis profesorado nas diferentes disciplinas”.

O Grupo municipal tamén insta ao Goberno local a “incrementar as partida orzamentaria adicada a EMAO, o seu funcionamento e a difusión da súa misión e actividades mediante modificación orzamentaria urxente para o exercicio do 2021”.

“Se o problema é o espazo físico necesario a causa da covid, instamos ao Goberno local a establecer espazos públicos para facilitar o desenvolvemento das clases cumprindo coas medidas sanitarias. A solución non pasa por reducir ata o ridículo as prazas de novo acceso, pois iso non fai máis que profundizar no desmantelamento da EMAO, xa iniciado anos atrás” resaltou a concelleira.

Comentar noticia

Your email address will not be published.