Marea de Vigo denuncia a falla de control na adquisición da roupa de traballo do corpo de bombeiros

O Grupo municipal pediu hoxe o parte de intervención do incendio na rúa Sanjurjo Badía no que un bombeiro resultou ferido no operativo e esixe unha reformulación do sistema de compras dos EPIS de bombeiros así como unha investigación sobre as calidades dos traxes de extinción actuais.
Publicado por o día 26/05/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo denuncia a falla de control na adquisición da roupa de traballo do corpo de bombeiros

Marea de Vigo quere lembrar que existía unha comisión de bombeiros para avaliar compras na que, de xeito voluntario, participaban varios bombeiros para testar e emitir valoración sobre os materiais Ante os sucesivos desplantes e o “ninguneo” dimitiron e agora non existe ente no servizo que avalíe e controle as compras de materiais para o corpo.

“O procedemento de proba, compra e avaliación de EPIS por parte do Concello de Vigo segue a ser absolutamente deficiente, tal e como reiteradamente teñen denunciado as dotacións cando saen a servizos” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “Dende a propia calidade dos materiais que segue sen ser testada de xeito independente da empresa comercializadora dos mesmos ate mesmo as medidas da roupa cando no propio prego de compras afirmábase que as prendas deberán ser confeccionadas á medida do seu usuario e a empresa adxudicataria terá que tallar previamente a todos os bombeiros de Vigo, feito que finalmente non se fixo, adaptándoos a medidas estándar”.

A propia comisión de compras existente no servizo de bombeiros tiña realizado unha avaliación de mostras de diferentes EPIS con enquisas voluntarias e anónimas entre os bombeiros para ver que traxes eran os máis considerados en canto a seguridade, comodidade e transpirabilidade. Curiosamente as dúas empresas máis valoradas foron excluídas finalmente da licitación. Mesmo o EPI finalmente adquirido non tivera ningunha valoración positiva por parte dos bombeiros que participaron na enquisa.

Para Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, “os casos de queimaduras e degradación de traxes, guantes e outros EPIS fundamentais no servizo de extinción, son demasiado frecuentes; en 2017, 3 bombeiros sufriron queimaduras e, pese a este feito, seguen a mercarse os mesmos produtos da mesma empresa, adxudicataria no seu día unicamente baixo criterios económicos (á baixa), fronte a criterios técnicos ou mesmo fronte á valoración técnica e testeos previos da comisión de compras.

Marea de Vigo pide que se teñan en conta as recomendacións emitidas no seu día polos propios bombeiros, como introducir no concurso novos materiais nos EPIS ademais dos confeccionados con nomex o kevlar (como por exemplo o PBI, que mostra maior eficacia nas accións de extinción de lume), así como garantías de certificados textiles anticancerosos e de non existencia de substancias químicas nocivas nos elementos en contacto coa pel do bombeiro.

Marea de Vigo pide que a futuro se refaga a comisión de compras, que previo ao prego exista un amplo consenso nos EPIS entre o cadro de bombeiros, se fagan probas, se avalíen tamén os criterios de degradación e desgaste dos mesmos e se permita que a decisión central sexa dos traballadores de xeito colectivo mediante enquisas e aportacións individuais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.