Marea de Vigo denuncia o desmantelamento paulatino da EMAO por parte do Goberno de Abel Caballero

Rubén Pérez: “A Escola Municipal da Artes e Oficios de Vigo é unha singularidade cultural e formativa coa que temos o privilexio de contar na nosa cidade, Escola que, tras máis de cen anos, corre o risco de ir desaparecendo como tal a causa das lesivas políticas deste Goberno local con respecto a todo espazo relacionado coa cultura ou expresión artística”.
Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo denuncia o desmantelamento paulatino da EMAO por parte do Goberno de Abel Caballero

Rubén Pérez: “A Escola Municipal da Artes e Oficios de Vigo é unha singularidade cultural e formativa coa que temos o privilexio de contar na nosa cidade, Escola que, tras máis de cen anos, corre o risco de ir desaparecendo como tal a causa das lesivas políticas deste Goberno local con respecto a todo espazo relacionado coa cultura ou expresión artística”.

No pasado mes de decembro, coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2019, foi a praza de mestre de Lutería xunto con outra praza ligada á administración da propia escola as que desaparecían, sendo amortizadas na propia proposta orzamentaria do PSOE. Pouco tempo máis tarde, asistimos ao que pode ser o final da ensinanza de Serigrafía Artística de non ser tomadas as medidas necesarias por parte do Goberno local.

O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de recibir un escrito asinado por alumnos e alumnas de Serigrafía Artística no que piden un compromiso por parte do Concello para poder dar continuidade aos seus estudos tras levar case cinco meses sen clases ao non ter feito o Concello a substitución que correspondente por unha incapacidade temporal da persoa que impartía a clase. “Facer substitucións do persoal que depende do Concello é competencia única e exclusivamente do propio Concello e os seus responsables de persoal e RRHH, aquí non ten nada que ver a taxa de reposición á que se amarra sempre o alcalde á hora de ampliar persoal, e, en todo caso, así como se considera prioritaria a creación de prazas de policía, tamén debería selo a creación de prazas de mestre/a para a EMAO, cousa que non se fixo cando se tiña a posibilidade e que, de non saír para a próxima oferta pública, desaparecerán definitivamente, desaparecendo a especialidade relacionada na Escola de Artes e Oficios” matiza Rubén Pérez. “De non mudar completamente a situación – prosigue o voceiro – na oferta educativa na EMAO para o curso que vén, non atoparemos varias das especialidades que ate agora se estaban impartindo”.

Para a Marea de Vigo, “é unha absoluta irresponsabilidade deixar que esta escola centenaria na que se teñen formado grandes artesáns e que conta cunha gran demanda de acceso vaia morrendo pola falta de visión cultural deste Goberno e por colocar sempre ás expresións artísticas e á formación cultural nun segundo plano” expresa Rubén Pérez. “É xa unha obviedade a desertización cultural que está sufrindo a nosa cidade tras o paso de Abel Caballero polo Goberno. Isto non é gratuíto e ímolo pagar moi caro toda a cidadanía viguesa, quedándonos con grandes baleiros culturais e formativos en lugar de ser unha referencia internacional en ensinanzas artísticas, tal e como foi a EMAO nos últimos cen anos” conclúe o voceiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.