Marea de Vigo denuncia o estado de abandono de parte do barrio de Coia e alerta da situación da veciñanza de varios inmobles na rúa Caldas de Reis donde existen afundimentos na rúa que poderían estar causando graves danos baixo os propios edificios

Rubén Pérez: “Pedimos que se aclaren as titularidades dos espazos comúns do barrio nas vivendas feitas polo MOPU, como as beirarrúas e os xardíns, xa que esa suposta falla de titularidade é precisamente o argumento que usa tanto o Concello como a empresa concesionaria do saneamento de auga para non actuar sobre o deterioro e os posibles danos que este está causando”.
Por o 23/07/2018 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo denuncia o estado de abandono de parte do barrio de Coia e alerta da situación da veciñanza de varios inmobles na rúa Caldas de Reis donde existen afundimentos na rúa que poderían estar causando graves danos baixo os propios edificios
Compartir en:

O grupo municipal da Marea de Vigo tivo coñecemento da sucesión de solicitudes e escritos, que, dende o ano 2014 foron rexistradas no Concello de Vigo por parte da veciñanza , neste caso da rúa Caldas de Reis, a causa do mal estado das beirarrúas do seu entorno e da situación xerada a raíz dun afundimento producido por unha posible bolsa de auga.

A empresa responsable do saneamento e abastecemento, segundo a veciñanza, tamén chegou a afirmar que a situación supoñía un perigo para a estrutura dos edificios, mais, nin a eles nin o Concello fixeron nada desde o comezo das denuncias, alegando, por ambas partes (nunca por escrito), que “iso lle correspondía á veciñanza ao tratarse de zonas que non foron entregadas ao Concello por parte do MOPU”. A día de hoxe, os afundimentos da beirarrúa chegaron ao punto de ter un precinto da Policía Local, mais ningunha medida correctora foi levada a cabo por parte nin do Concello nin da empresa responsable do saneamento ao non querer facerse responsables.

“Requírese un estudo integral do estado do saneamento do barrio, xa que o mesmo é descoñecido a día de hoxe, do mesmo xeito que é necesario realizar un estudo de mobilidade e accesibilidade, existen moitas zonas de moi difícil acceso para persoas con mobilidade reducida no barrio” engade Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo pide ao Concello que clarifique xa as cesións definitivas en Coia, xa que o único que parece existir é unha cesión provisional realizada no ano 1991, tal e como expresou o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) a propia veciñanza cando acudiron á Xunta para demandar información sobre a situación das súas vivendas.