Marea de Vigo esixe o reforzo dos servizos de pediatría en todos os centros de saúde de Vigo

Rubén Pérez: “a situación de falla de pediatra ven a sumarse a toda a totalidade dos centros de saúde de Vigo e nalgunhas parroquias como Navia con pirámides de poboación moi xóvenes amenaza con convertirse en perigosa para a prevención sanitaria”.
Por o 12/06/2018 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Sanidad,Vigo
Marea de Vigo esixe o reforzo dos servizos de pediatría en todos os centros de saúde de Vigo

Marea de Vigo considera que as reivindicacións da parroquia de Coruxo sobre coberturas pediátrica na parroquia son “absolutamente lexítimas” e son análogas á situación de moitos centros de saúde da cidade sen cobertura suficiente de servizos pediátricos como Navia, a zona sanitaria de Pintor Colmeiro, etc…

Marea de Vigo lembra que a Asociación Galega de Pediatría cifra para o conxunto de Galicia nun 13% de déficit nos centros de saúde de Galicia e, para Marea de Vigo, esta situación pode ser moito máis preocupante en Vigo donde existe unha poboación máis xoven sanitariamente falando.

Marea de Vigo exise un replanteamento da cobertura mínima en servizos pediátricos da área sanitaria de Vigo e especialmente da área de Vigo e considera que non pode esperar máis a ampliación ambiciosa de pasando de 20 a 26 e que imposibilita que todos os nenos e nenas de Vigo teñan un pediatra de cabeceira.

Marea de Vigo lembra que nos últimos anos xubiláronse unha cantidade importante de pediatras sen que se realizar unha cobertura análoga de novas prazas e que non existen recursos preventivos nin suficientes nas listas de contratación para os servizos de pediatría.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.