Marea de Vigo esixe penalizar economicamente ás concesionarias municipais que estando en suspensión aplicaron ertes ao persoal dos servizos concesionados

Marea de vigo ve “mala fé” e alerta da posible ilegalidade nas accións levadas a cabo polas empresas CLECE, SCI, VITRASA e DORNIER, xa que, cobrando igualmente por parte do Concello, enviaron ao persoal dos servizos concesionados a ERTEs, facendo que o SEPE asumira custes salariais de xeito innecesario, e ocasionando os perxuizos derivados tanto ao persoal coma as administracións.
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo esixe penalizar economicamente ás concesionarias municipais que estando en suspensión aplicaron ertes ao persoal dos servizos concesionados

Marea de Vigo xa advertira de xeito reiterativo no Pleno do pasado mércores que moitas empresas concesionarias con suspensión da súa actividade por mor da crise do covid-19, e polo tanto suxeitas a indemnización por parte do Concello para o pago de nóminas e mesmo alugures, seguros, etc.. ( tal e como figura no decreto do 17 de marzo do goberno central), están a presentar ERTES de xeito inxustificado afectando ao persoal asociado ao servizo concesionado (caso da recadación executiva e a empresa concesionaria SCI) ou ben incluíndo a estas en ERTES estatais como a concesioria da escolas infantís CLECE ou a do servizo de estacionamento regulado DORNIER, “escamoteando na relación de persoal afectado a traballadores e traballadoras de concesións locais que están cubertas pola suspensión do servizo e non terían que ser parte dos ERTES” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Do mesmo xeito, VITRASA, que segue operando ao ser servizo esencial, levou a parte do persoal a un ERTE coa escusa da limitación de aforos de autobuses, algo que debería cando menos ter unha resposta proactiva do Goberno local: ampliando frecuencias e reforzando limpeza dos vehículos tal e como foi reclamado polo comité de personal e os grupos da oposición en reiteradas ocasións.

Marea de Vigo considera que, pese as casuísticas variadas dos ERTES ligados á concesionarias municipais, “o Concello debe garantir que non se presenten nin autoricen especialmente naqueles casos nos que non exista acordo entre empresa e sindicatos e a viabilidade económica da concesión non esté vinculada a ingresos externos máis aló das aportacións do Concello” aclara o voceiro.

Para Marea de Vigo, tal e como se interpreta claramente polo Ministerio de Traballo, o único suposto no que cabería a interposición dun ERTE en servizos municipais sería cando este veña pactado cos sindicatos e supoña unha garantía de dereitos para os traballadores e traballadoras, caso que non se da nos anteriormente descritos. “O Concello debe actuar ante a consellería de traballo para que non se autorice ningún ERTE nestes servizos cando a viabilidade económica estea asegurada cos pagos do propio Concello” engade Pérez.

Marea de Vigo tamén proporá que se lles ofreza ás concesionarias de servizos públicos externalizados que reclamen o dereito de indemnización tal e como foi artellada no caso da concesión de Mantemento de Zonas Verdes, xa que é unha posibilidade absolutamente legal que contempla o pago exclusivo dos custos salariais do período de cesamento ou redución obrigada da actividade. Nesta modalidade, o pago do concello sería a posteriori, tras restablecerse o servizo. “Non pode permitirse que empresas que teñen garantido o pago do servizo por parte do concello realicen ERTES, é claramente un abuso empresarial intolerable nesta situación de emerxencia” conclúe Rubén Pérez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.