O grupo municipal da Marea de Vigo felicita as e os traballadores da concesionaria de parques e xardíns que, con gran xenerosidade, mantivéronse firmes na folga mantida durante os pasados 11 días co obxecto da aplicación do convenio colectivo a unha decena de traballadores os que a empresa lles pretendía aplicar o de ámbito estatal.
Unha vez máis, demóstrase que a unión das e dos traballadores é o único camiño para conseguir que se respecten os dereitos colectivos acadados durante anos pola clase traballadora, dereitos que nos últimos anos estamos vendo como se desmoronan a golpe de reformas laborais.
A Marea de Vigo considera que o éxito desta loita só pode ser atribuíble ó colectivo de traballadores e traballadoras da concesionaria de parques e xardíns, Althenia, que onte mantivo unha maratoniana negociación coa empresa durante aproximadamente 10 horas, despois de aguantar 11 días de paro. Feito que podía terse evitado se o Concello e o Concelleiro de Parques e Xardíns asumiran a responsabilidade que lles compete nesta cuestión.
A Marea de Vigo tamén lle preocupa que este tipo de situacións se volvan a repetir, a merma dos postos de traballo nas concesións municipais froito da baixada do prezo nas mesmas, neste caso en aproximadamente 7 millóns de euros, feito que estamos a ver noutras concesións públicas, e anima o persoal das mesmas a que se fagan “auditores” do que aconteza nas mesas de contratación.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.