Marea de Vigo considera que o informe de Augas de Galicia sobre o abastecemento de auga e saneamento en Vigo é pura demagoxia e defende a remunicipalización de servicio

Publicado por o día 12/04/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo considera que o informe de Augas de Galicia sobre o abastecemento de auga e saneamento en Vigo é pura demagoxia e defende a remunicipalización de servicio

– A Marea de Vigo lembra que Augas de Galicia e a Xunta encareceron o recibo do cánon da auga, taxa que non ten ningunha xustificación máis que o intento posterior de privatizar o dereito á auga e e lembra que este importe é o que encareceu máis o recibo das familias viguesas.

A inxustiza de que paguemos 30 metros cúbicos como tramo mínimo é o resultado de privatizar a empresa pública EMAVISA nos 90, cun plego concesional que toleraron os sucesivos gobernos do PSOE, BNG e PP que agora pretenden enmendar a inoperancia destes anos ante un sistema tarifario que evidentemente era inxusto é fomentador do despilfarro.

Para a Marea de Vigo non fai falla un informe oportunista de Augas de Galicia para saber que a xestión da auga de abastecemento e do saneamento no Concello de Vigo é socialmente inxusta, medioambientalmente insostible e prácticamente sen planificación; con roturas e averías permanentes, falla de inversións e ademáis con riscos de restriccións cando chove menos como estivo a punto de suceder en anos pasados en parroquias concretas.

MAREA DE VIGO considera que a orixe do problema e ter un sistema de tramos tarifarios tremendamente inxusto, porque no recibo da auga págase un mínimo de 30 m3/recibo bimensual, aínda que non se consuman, cousa que ocurre en moitas vivendas con persoas maiores, ou con un ou dous membros.

Nos últimos 12 anos o recibo da auga aumentou un 206%. Se os veciños e veciñas de vigo consumiran o que pagan xurdirían rápidamente problemas de abastecemento en toda a cidade.

Marea de Vigo traballa programáticamente nunha proposta para a xestión da auga baseada no seu aforro e reutilización da auga depurada. Existen xa na plataforma do programa colaborativo unha proposta de garantir un mínimo vital de auga gratuíto de 4 m3/recibo, e a partir de ahí unha tarifa progresiva de xeito que se incentive o aforro. Esto fará que chegue menos auga ás depuradoras, e que poda ser depurada correctamente co tratamento biolóxico necesario que garanta a calidade das augas da nosa ria.

PRENSA MAREA DE VIGO