Marea de Vigo lembra que mesmo na entrevista que o xornal A Peneira realízalle este mes, Pazos seguía defendendo con entusiasmo e como algo necesario a unidade da esquerda, na que el acreditou e pola que traballo dende os inicios da confluencia de Esquerda Galega e Esquerda Unida ate a creación de Alternativa Canguesa de Esquerdas como espacio municipalista que finalmente alcanzou a Alcaldía de Cangas na anterior e nesta lexislatura.
Marea de Vigo lembra ademais a súa decidida aposta por superar os concellos como unidade administrativa, apostando decididamente pola área metropolitana como elemento vertebrador de políticas públicas, como instrumento para mancomunar servizos e dotar dun novo ente que evitara a privatización xeralizada de servizos. Froito delo a colaboración de Cangas neses obxectivos coa cidade de Vigo foi “leal e exemplar”.
Todas as persoas que forman parte da Marea de Vigo trasladan o seu pésame á súa familia, aos seus compañeiros e compañeiras de Corporación e do Grupo Municipal de ACE e considera que “seguir traballando pola unidade como único camiño da emancipación é a máis fermosa e útil ensinanza do mestre Pazos”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.