Marea de Vigo lanza unha ferramenta participativa para a elaboración do programa

Publicado por o día 19/03/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo lanza unha ferramenta participativa para a elaboración do programa

Co espírito fundacional da Marea de Vigo de facer un chamamento a participación de todas e todos que queran construir un novo modelo de cidade, presentamos o noso PROGRAMA VIVO, que entrará en funcionamento no dia de hoxe.

Marea de Vigo, como espazo de empoderamento cidadán, elaborou unha aplicación informática interactiva para recoller cada unha das novas propostas que a xente faga a traves da mesma.

Para aceder a esta ferramenta de participación, somentes teremos que ir a páxina web www.mareadevigo.org e entrar no enlace específico titulado mareadevigo.org/programavivo, rexistrarnos, ler as primeiras propostas e facer as achegas que cada persoa considere para enriquecer o programa, que poderán ser votadas negativa e positivamente na plataforma online.

O calendario que terá esta ferramenta é o seguinte:

– DO 20 DE MARZO AO 20 DE ABRIL: prazo de presentación de achegas ao programa da MAREA DE VIGO

– DO 20 DE ABRIL AO 4 DE MAIO: prazo de votación na ferramenta web das propostas enviadas.

– DO 6 DE MAIO AO 7 DE MAIO: A comisión de programa ordea e maqueta a proposta final de programa co resultado das votacións, garantindo a coherencia co manifesto fundacional da Marea de Vigo.

– 7 DE MAIO: Aprobación do programa definitivo

PRENSA MAREA DE VIGO

Una respuesta para "Marea de Vigo lanza unha ferramenta participativa para a elaboración do programa"