Marea de Vigo participa activamente no día do Orgullo 2015

Publicado por o día 26/06/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo participa activamente no día do Orgullo 2015

O grupo municipal da Marea participará na axenda de actos do ORGULLO 2015 que terá como acto central a manifestación do sábado na praza da Pedra.

Para a MAREA DE VIGO o colectivo LGTBI segue a ser un colectivo discriminado, polo que pide que todas e todos fagamos o esforzo de estar aí, onde a loita polos dereitos fundamentais das persoas sexa precisa e onde haxa que visibilizar os atrancos, as presións e as dificultades que moita xente sofre por non entrar no modelo establecido, aínda que iso non sexa máis que unha opción persoal íntima e que non inflúa para nada nas relacións coa sociedade.

Rubén Pérez, Marga Lopez e Xose Lois Jácome estarán presentes nos actos de celebración dos días do orgullo LGTBI e ás 19:30 participarán na manifestación na Praza da Pedra.

Con esta participación a MAREA quere suliñar o apoio ás Asociacións LGTBI e aos programas e accións de loita e reivindicación que levan adiante. MAREA DE VIGO transversalizou de xeito efectivo todo o seu programa dende unha perpectiva LGTBI e lembra que estas políticas non poden ser somentes recheo de programas ou de datas concretas senón parte da acción política habitual.

PRENSA MAREA DE VIGO