Marea de Vigo participa na mobilización en Vigo pedindo medidas concretas de acollemento das persoas refuxiadas

Publicado por o día 26/02/2016 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo participa na mobilización en Vigo pedindo medidas concretas de acollemento das persoas refuxiadas

A movilización sae as 12 horas do cruzamento de Urzáiz con Vía Norte

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, participará nesta mobilización convocada pola iniciativa PASAXE SEGURA XA e lembra o incumprimento que as administracións públicas manteñen cos seus acordos de acollemento, entre eles o Concello de Vigo; que fixo unha declaración institucional co apoio unánime do pleno no pasado mes de setembro.

Segundo Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, debemos impulsar na realidade dos feitos e non na simple declaración de intencións a acollida a estas persoas non só como esixencia da súa dignidade senón en memoria dos miles de refuxiados que o noso país expulsou por mor da Guerra Civil. “E temos que facelo para evitar que o papel do noso país quede relegado a ser un dos participantes neste disparate humanitario no que, despois de regatear cifras de persoas que poderían acoller cada administración, seguimos sen facer nada para sustanciar os acordos como o do pleno de Vigo de fai uns meses”.

PRENSA MAREA DE VIGO