Marea de Vigo pedirá unha auditoría de todos os recursos públicos deitados en Povisa nestes anos

A marea de Vigo cree que fonalmente os movementos da familia Silveira dede a entrada en preconcurso de acredores, ate solicitude de máis recuros para o concerto co sergas, eran orientados á venda do hospital e xa trasladou á voceira de sanidade do Grupo da Esquerda, Eva Solla a petición de auditoria no Parlamento Galego
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pedirá unha auditoría de todos os recursos públicos deitados en Povisa nestes anos

Para Marea de Vigo o anuncio compra de Povisa polo grupo Ribera salud era un feito anunciado, xa que todos os movementos do grupo Nosa Terra 21 eran sospeitosamente tendentes a desfacerse do complexo hospitalario; dende o anuncio do preconcurso voluntario de acredores co argumento de que se arrastraban perdas dende 2014 polo insuficiente dos ingresos polo concerto co SERGAS ate a tentativa de aforrar permanentemente custes de personal para mellorar resultados contables ante un posible comprador.

Marea de Vigo trasladou hoxe á deputada Eva Solla, voceira de sanidade do Grupo Parlamentario Común da Esquerda , a necesidade de solicitar no parlamento galego unha auditoría a fondo do concerto do Sergas con Povisa; concerto que é absolutamente singular no estado español e que dende hai moitos anos é un instrumento totalmente vantaxoso para o centro hospitalario privado ao condicionar, entre outras cousas, o non desenvolver un centro hospitalario no Morrazo ou a apertura das plantas ociosas no Meixoeiro”

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo. “De novo o grupo da familia Silveira – engade- move ficha sen clarificar e blindar o futuro de máis de 1500 persoas empregadas e das máis de 130.000 cartillas sanitarias que cubre. Marea de Vigo pide tamén unha auditoría de todas as empresas do grupo Silveira, e segue a denunciar que un hospital que forma parte da rede hospitalaria do SERGAS non pode ser moeda de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de sociedades pensadas para a evasión fiscal como son as SICAV’S, que a familia Silveira posúe. O servizo sanitario dunha area tan importante como a de Vigo non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial.

Comentar noticia

Your email address will not be published.