Marea de Vigo pide ao Concello que cese os contratos con Vodafone se continúa adiante co despedimento de 1600 empregados

Publicado por o día 15/09/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo pide ao Concello que cese os contratos con Vodafone se continúa adiante co despedimento de 1600 empregados
  • – Marea de Vigo alerta que dos máis de 190 despidos previstos en Galicia, máis de 20 son na cidade de Vigo. 

O concelleiro responsable de emprego Xose Lois Jácome defendeu hoxe que o concello de Vigo súmese ás medidas de presión que outros concellos están promovendo para impedir este novo golpe ao emprego que pretende levar adiante Vodafone e que supón a perda de máis do 13% do cadro de persoal da compañía.

MAREA pide que todos os contratos e telefonía e servizos que o concello de Vigo ten coa compañía sexan rescindidos mentras se manteña este ERE amparado en causas económicas, organizativas e produtivas absolutamente inxustificadas polos resultados económicos da compañía nestes anos.

MAREA DE VIGO sumarase ás mobilizacións e actuacións promovidas polo Comité de Empresa de Pontevedra. Consideran que mesmo o servizo que ofertan a institucions como o Concello de Vigo quedarán mermados xa que, como denuncia o comité e os traballadores e traballadoras da compañía “se reduciu tanto o persoal que a carga de traballo era inasumible polas persoas que quedaban do anterior ERE, e por iso a empresa contratou 300 persoas dende entón, sendo agora patente que coa externalización de determinadas tarefas de valor, a calidade do traballo é menor.

PRENSA MAREA DE VIGO