MAREA DE VIGO pide a non actuación da deputación nos concellos afectados pola área metropolitana e que sexa esta a que xestione os servizos

Por o 07/07/2015 | Sección: Marea Vigo,Política
MAREA DE VIGO pide a non actuación da deputación nos concellos afectados pola área metropolitana e que sexa esta a que xestione os servizos

RUBÉN PÉREZ (MAREA DE VIGO) “QUE XUNTA E CONCELLO DIALOGUEN E ARTELLEN DESBLOQUEOS EN TEMAS ESENCIAIS PARA A CIDADE POR UN RESULTADO NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS AMOSA QUE O BLOQUEO NA ANTERIOR LEXISLATURA FOI MERO CÁLCULO ELECTORAL”

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, valorou a pasada lexislatura como “unha lexislatura perdida” en materia de diálogo entre administracións, e considera que os cauces de diálogo teñen que artellarse con fluidez e con conclusións concretas.

MAREA DE VIGO pide a non actuación da deputación nos concellos afectados pola área metropolitana e que sexa esta a que xestione os servizos e reciba o orzamento equivalente que hoxe xestiona o organismo provincial.

Para a MAREA DE VIGO as modificacións puntuais na Lei de Área Metropolitana de Vigo que poden acordarse non solucionan a profunda indefinición no tocante a como e baixo que fórmula se xestionaran os servizos públicos nos concellos afectados. Rubén Pérez considera que “os estudos que desaconsellaban a xestión pública directa sobre os que se redactou a Lei de Área Metropolitana teñen que revisarse”.

MAREA DE VIGO considera que ten que haber moito debate sobre o papel institucional da Deputación, en canto a duplicidade de competencias, e en canto o modelo de área metropolitana para unha cidade como Vigo, do mesmo xeito que, de modo natural, debe normalizarse o diálogo entre a Xunta e o concello, ata o de agora inexistente.

É necesario abrir debates como o do sistema aeroportuario galego, actualmente desnortado, co obxectivo dunha coordinación eficaz e útil para as e os usuarias/os, lonxe de estar dando subvencións a compañias aéreas privadas que non acaban consolidando rutas como ven de denunciar o Tribunal de Contas.

PRENSA MAREA DE VIGO