Marea de Vigo pide a reprobación política da alcaldesa de Coruña pola súa intención de aillar a Vigo da rede de mercadorías europea

Rubén Pérez e Oriana Méndez, concelleiro e concelleira de Marea de Vigo-Son en Común, consideran que a proposta da alcaldesa de A Coruña é dun localismo nin sequera bo para A Coruña xa que unha visión integradora de país en canto a infraestruturas facilita tamén mercado ás empresas locais.
Por o 19/07/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo pide a reprobación política da alcaldesa de Coruña pola súa intención de aillar a Vigo da rede de mercadorías europea
Compartir en:

Marea de Vigo-Son en Común lembra que en marzo de este ano foi aprobada no Pleno do Concello de Vigo unha moción presentada por Marea de Vigo para defender a conexión Vigo-Porto (que a proposta da alcaldesa de Coruña liquidaría), proposta que “ten que ser defendida agora independentemente dos cambios de cor de gobernos municipais” e non afirmar delirios xustificativos como o de que “en mercadorías unha hora non é significativa” tal e como ven de facer Abel Caballero, xa que isto implicar competitividade e mesmo perda de capacidade comercial como en todo fluxo loxístico. Marea de Vigo pide ao alcalde de Vigo e ao secretario xeral do PSdG visión e país e coherencia co defendido antes do proceso electoral de maio.

Para Marea de Vigo “non executar a incorporación o tramo A Coruña-Vigo no Corredor Atlántico sería matar definitivamente a conexión Vigo-Porto, conexión que xa coñecíamos que non sería incluída na Rede Básica Transeuropea de Mercadorías e supón unha mala nova para a cidade e para Galicia”, na mesma liña que o afirmado polo propio Grupo municipal no Pleno do Concello de Vigo no pasado mes de marzo. Para Marea de Vigo, polo tanto, a proposta da alcaldesa de Coruña sería un novo atranco á conexión con Porto xa que, hai uns meses, este tramo saía xa tocado da negociación no Trílogo coa exclusión da rede básica (que vai recibir maior financiamento UE e que ten prazos de execución menores).

O enlace Vigo-Coruña é o único verdadeiramente estratéxico para Galicia dacordo co Regulamento (UE) 913/2010 do Parlamento Europeo e do Consello do 22 de setembro de 2010 que habilitou unha rede ferroviaria europea para un transporte de mercadorías competitivo e estableceu unha serie de corredores europeos de mercadorías para aumentar a competitividade do ferrocarril fronte a outros medios de transporte. “Non acometelo é sacar a Galicia da espiña dorsal das Redes Transeuropeas de Transporte”.

Como dicía a moción presentada no pleno de marzo, “neste contexto, a mellora da conectividade entre Galicia e Norte de Portugal é fundamental, xa que estamos a falar dunha rexión duns 6 millóns de habitantes cun grande dinamismo económico, e que conta cunha importantísima rede de portos cuxa interconexión suporía a creación de grandes sinerxias. Portugal é un dos principais mercados exteriores de Galicia e non se debe de tolerar polo tanto a desvertebración de Galicia e Portugal. Na proposta inicial de corredor Atlántico, como é coñecido, non estaba Galicia nin Vigo e a súa área de influencia.”

Foi a presión a que conseguiu que no mes de xuño de 2018 a Comisión da Unión Europea aprobara a proposta de integración de Galicia no Corredor Atlántico, o que significou unha boa nova e a reparación parcial do ‘sinsentido’ que era a exclusión total de Galicia da rede de corredores de mercadorías europea. E foi esa presión a que fixo que máis tarde a Comisión de Transportes do Parlamento europeo, no día de 22 de novembro, aprobara a inclusión de varias conexións, entre elas a Vigo-Porto no Corredor Atlántico ou a Madrid-Valencia-Sagunto-Teruel-Zaragoza no Corredor Mediterráneo.

Marea de Vigo-Son En Común segue a defender os acordos do Pleno do Concello e considera como estratéxico e irrenunciable a Conexión Vigo-Porto no Corredor Atlántico, do mesmo xeito que afirma que a actitude que mantivo o Goberno do Estado neste asunto de tanta transcendencia para Vigo foi un agravio para a nosa cidade e para Galicia, e un ‘hándicap’ negativo para a mellora das infraestruturas ferroviarias que conectan con Portugal. Igualmente, Marea de Vigo demanda do Goberno do Estado un Plan Estratéxico para o impulso da mellora da conexión ferroviaria Vigo-Porto, dotándoo de recursos orzamentarios, e solicitando adicionalmente o financiamento dos investimentos para dito proxecto á Unión Europea.

Una respuesta para "Marea de Vigo pide a reprobación política da alcaldesa de Coruña pola súa intención de aillar a Vigo da rede de mercadorías europea"

  1. Gamela   20/07/2019 at 12:20

    Nin siquera son quen de esixir a publicación do Rexistro de Intereses actualizada e tragan cos datos de hai catro anos de tódolos membros da anterior corporación (mesmo os que xa non están) http://hoxe.vigo.org/oconcello/grupos_intereses.php

    ¿Será que os datos de transparencia non é un INCUMPRIMENTO das leis da democracia?
    ¿Entón para que foron aprobadas estas leis de transparencia? ¿Para metalas no queixón?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.