Marea de Vigo pide debate sobre área metropolitana

Publicado por o día 09/12/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo pide debate sobre área metropolitana

MAREA DE VIGO PIDE UN DEBATE SOBRE RECURSOS E OS SERVIZOS QUE PODE DAR A ÁREA METROPOLITANA E NON SOBRE ÓRGANOS DE GOBERNO

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, valora como positivo que a Xunta tamén convoque aos grupos municipais presentes no consistorio vigués pero pide un debate serio e rigoroso sobre as potencialidades da área metropolitana para evitar que o debate sobre representación política nos órganos de goberno, frustre a configuración da mesma como ocorreu no primeiro intento de creación da área metropolitana de Barcelona.

MAREA DE VIGO lamenta que as propostas de emenda remitidas polo Concello de Vigo á Xunta de Galicia á lei de área metropolitana non foxen trasladadas ao pleno do Concello previamente para o seu debate. Se estamos de acordo todos e todas en que o debate non é ÁREA METROPOLITANA SI ou NON, xa que a súa necesidade parte dun consenso político histórico, as dinámicas partidarias non poden agora condicionar un debate sobre que modelo metropolitano precisamos.

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, lamentou hoxe “que sigamos falando de presidencias ou órganos xestores cando estamos ante un instrumento que pode ser moi eficaz para rematar coa “antidiluviana” deputación e a xestión privada con afán de lucro de transporte, auga, RSU, etc.., demostra que temos uns gobernos provinciais, autonómicos e locais de poucas miras”. Non existe hoxe alternativa na xestión dos recursos públicos que a mancomunada entre varios concellos xa que os marcos de déficit públicos que sostén o goberno obrigarán a reorganizar o mapa municipal.

MAREA DE VIGO considera esencial abrir un debate cidadá sobre as oportunidades e potencialidades da planificación urbanística e dos servizos que oferta unha área metropolitana en Vigo, sen obviar que a Lei aprobada polo PP parte de erros de vulto como a definición real dos recursos económicos e orzamentarios para levaba a cabo e das formas xurídicas existentes para descentralizar de deputación e concellos afectados cara á entidade metropolitana.

Rubén Pérez suliñou que os consensos dos anos 90 foron posibles porque existían foros de debate e encontro, un movemento veciñal reivindicativo e dirixentes políticos que sobre todo se deixaba falar a urbanistas, economistas e técnicos antes de establecer apriorismos.

Para a MAREA DE VIGO, Vigo afronta uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos organicen ós servizos públicos para o seu abaratamento e sustentabilidade social. Traballar noutro rumbo é unha profunda deslealdade coa cidadanía.