O grupo municipal da Marea de Vigo considera que este inmoble e os terreos próximos deberían ser destinados no sistema xeral como zona verde “Alcabre-Samil, espazos que deben formar parte do futuro marco de rexeneración ambiental e paisaxística na zona e que tería que ser determinado pormenorizadamente no Plan Especial de Rexeneración Ambiental e Acondicionamento do Litoral Urbano (Alcabre-Samil), feito que nunca aconteceu.
Marea de Vigo lembra que co horizonte de redacción do novo PXOM antes do 2022 “ten que quedar claro se existe vontade por parte do goberno local de cumprir co mandato de rexeneración da costa viguesa ao seu paso por Samil ou, de non ser así, volverase a incumprir a palabra dada como na concesión do local hostaleiro Marina Cíes (antigo Jonhatan).”
Marea de Vigo tamén afirma que a ficha do referido sistema xeral recolle como un dos seus obxectivos a transformación do paseo de Samil, eliminación do muro e traslado dos usos lúdicos e deportivos. Este último obxectivo xa indica que a adxudicación dunha nova concesión para un uso terciario resulta totalmente incompatible cos usos que o PXOM anulado refería e que deberían respectarse no futuro do ámbito.
Noticias de última hora en Vigo