Marea de Vigo pide o cese de López Veiga

Rubén Pérez: “é extremadamente grave o denunciado por CCOO, tras ter acceso a un informe de alegacións da avogacía do estado presentado ao xulgado do Mercantil nº 3 no que se pretendía que a concesión dos terrenos non formaran parte dos activos en liquidación e polo tanto puideran ser adquiridos por unha empresa con vocación de retomar a actividade industrial”.
Publicado por o día 08/06/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pide o cese de López Veiga

Marea de Vigo afirma que López Veiga mentíu ao anunciar que acataría a sentenza e considera que esta alegación amosa que os intereses privados de empresarios loxísticos, mesmo que operan en maior medida no Porto de Leixões, non poden estar por enriba da continuidade da actividade de construción naval nos terrenos de Vulcano.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, sinalou hoxe que “quen aproba finalmente o Plan Especial do Porto que poida clasificar para outros usos o solo de Vulcano e o inclúe no seu PXOM é o Concello de Vigo, polo que alegaremos para evitar as pretensións do porto de liquidar un futuro industrial aos terrenos toda vez que se abre o proceso de aprobación do PXOM hoxe mesmo coa publicación da Xunta do proceso da aprobación da Avaliación Ambiental Estratéxica”.

Marea de Vigo alegará ao PXOM para blindar no mesmo o uso industrial dos terrenos do porto que actualmente ocupa a antiga Vulcano. Do mesmo xeito trasladará ao Congreso dos Deputados unha iniciativa para impedir que o ditamen do Consello do Estado sexa contrario a un uso industrial e con emprego nos terrenos de Vulcano.

Una respuesta para "Marea de Vigo pide o cese de López Veiga"

  1. Psicologos en Sagunto   10/06/2020 at 14:14

    Muchas gracias por compartir el post ! he tenido una lectura muy interesante!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.