Marea de Vigo pide que as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) sexan as máximas posibles e non queden ao arbitrio das leas entre Xunta e Concello

Marea de Vigo cualifica as Áreas de Rehabilitación como unha figura urbanística esencial para a mellora da eficiencia enerxética, o aillamento térmico e a accesibilidade en moitas vivendas e na xuntanza da Xerencia de Urbanismo de mañá pedirá información sobre o acontecido.

Para o Grupo municipal da Marea de Vigo “non é comprensible a falta de autorización para a totalidade das seis propostas remitidas á Xunta por parte do Concello de Vigo”, en todo caso, o Grupo tamén considera que “existen aínda máis áreas que poden ser susceptibles de financiación pública para a súa rehabilitación, coma o bloque de vivendas da avenida de Castelao 87 (onde se ubica a escola municipal de teatro) que son exemplo de vivendas construídas no ano 61 e que entrarían perfectamente no mesmo criterio, ou moitas vivendas do barrio de Coia que actualmente están fóra dos ARIS configurados (neste caso só figuran as da rúa Bueu e Moaña no devandito barrio)” segundo explica o seu voceiro, Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera moi necesarias as actuacións que o Concello remitiu á Xunta e que completarían as xa existentes do ARI CASCO VELLO DE VIGO, ARI BOUZAS, ARI BUEU-MOAÑA. COIA e o ARI CASAS DE SANTA CLARA, sendo estas: as vivendas de Beiramar, Espiñeiro en Teis, San Pablo tamén en Teis e San Roque. “Debería publicitarse con maior énfase a existencia destas axudas xa que en case todos os exercicios moitos recursos das mesmas quedan sen usos e salvo que se consignen de novo os remanentes, como se fixo na última Xerencia de Urbanismo, o montante do mesmo pérdese e non pode ser empregado na cidade” matiza o voceiro.

Rubén Pérez quere sinalar ademais que “estamos falando de actuacións esenciais que se poden realizar gracias ás aportacións do estado e o Concello pero que teñen que ter aprobación autonómica ao ser parte dos recursos do Plan Estatal de vivenda que se transife ás comunidades autónomas”. “Non entendemos – prosigue – porque a Salgueira e o edifico de Fenosa da Travesía quedan fóra, porque se é un problema de recursos estamos nun momento en que hai maior financiamento e mesmo fondos europeos que poden completar a aportación das administracións”.

Marea de Vigo afirma, non obstante, que hai aínda moitas actuacións fóra da consideración de Área de Rehabilitación Integral, coma os edificios mencionados en Coia e numerosas vivendas das antigas unidades sindicais do Ministerio de Vivenda franquista “que terían xa que ter a solicitude formal do Concello de Vigo para ser incorporables aos programas de rehabilitación” matiza o concelleiro. Ante a inerpelación aos grupos da oposición por aprte de Abel Caballero a posicionarse sobre a negativa da Xunta, Marea de Vigo responde que “apoia totalmente ao Concello na solicitude de inclusión destes seis ámbitos”, do mesmo xeito que “pide a ampliación dos mesmos cos exemplos citados”.

Marea de Vigo considera as Áreas de Rehabilitación como unha figura urbanística esencial para a mellora da eficiencia enerxética, o aillamento térmico e a accesibilidade en moitas vivendas que fóron construídas en aluvión no periodo de maior crecemento da cidade nos anos 60-70 e espera que a Xunta e o Concello “non fagan desta pugna o enésimo capítulo cuxo resultado só é a paralización do urbanismo sostible e a rehabilitación que miles de vivendas da cidade precisan, algunhas con extremada urxencia” incide Pérez.

Maña martes, na xuntanza semanal da Xerencia de Urbanismo, o Grupo municipal da Marea de Vigo solicitará os informes para coñecer os motivos da no inclusión da totalidade das propostas remitidas á Xunta por parte do Concello de Vigo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM