Marea de Vigo pide que as cláusulas de mantemento do emprego digno e de calidade sexan prioritarias na contratación pública do Concello de Vigo

Por o 21/07/2015 | Sección: Marea Vigo,Política
Marea de Vigo pide que as cláusulas de mantemento do emprego digno e de calidade sexan prioritarias na contratación pública do Concello de Vigo

Marea de Vigo considera que a situación actual de priorización do criterio de “oferta máis económica” na contratación fomenta a precarización das condicións laborais nos cadros de persoal das subcontratas.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO, considera que nos pregos de contratación e licitación do Concello de Vigo teñen que xeneralizarse as cláusulas sociais como cumprir a lei de subcontratas para evitar a concatenación de empresas para a xestión dos servizos públicos, ou outras como non ter reducido o número de traballadores no cadro de persoal no último ano, certificados de cumprimento da lei de prevención de riscos laborais e non ter sancións por parte de inspección de traballo.

MAREA DE VIGO considera “inexistente” o seguemento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte do Concello nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que “existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos.

Exemplo disto é a actuación de diferentes empresas que agora mesmo están o cargo de varias concesións públicas sobre as que MAREA DE VIGO quere comprobar o cumprimento das mesmas, especialmente no tocante a dereitos laborais, como é o caso de Clece, sobre a que MAREA DE VIGO ven de solicitar todos os expedientes das concesións onde son adxudicatarios.

PRENSA MAREA DE VIGO