Marea de Vigo pide que se aclare o estado real das árbores de Gran Vía e do seu futuro ante as versións contradictorias do Concello

Marea de Vigo lembra que o proxecto orixinal contiña un informe dun perito agrónomo que falaba dun estado de enfermidade dos tilos e que recomendaba o seu talado. Este estado sempre foi para Marea de Vigo cando menos discutible e considera que o proxecto debe conservar a masa arbolada orixinaria e non ser substituida por novo arbolado.
Por o 19/06/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo pide que se aclare o estado real das árbores de Gran Vía e do seu futuro ante as versións contradictorias do Concello

Marea de Vigo lembra que o proxecto orixinal contiña un informe dun perito agrónomo que falaba dun estado de enfermidade dos tilos e que recomendaba o seu talado. Este estado sempre foi para Marea de Vigo cando menos discutible e considera que o proxecto debe conservar a masa arbolada orixinaria e non ser substituida por novo arbolado.

Marea de Vigo lembra que o proxecto incluía a tala de 128 árbores (45 camelios, 29 laranxos no boulevar e 13 tilos e 41 castaños de indias que están plantados nas aceiras da rúa) co argumento de estar enfermos ou con risco de desprendemento e que solo se recomendaba o transplante de camelios e laranxos. Polo tanto, vistas as declaracións do alcalde, debería aclarar se as árbores que se transplanten a Castrelos incluirán os tilos e os castaños das beirarúas, onde verdadeiramente radica a riqueza ambiental e de patrimonio natural da Gran Vía.

O informe mesmo falaba dunha afección nos camelios como é a do fungo ciborinia cameliae, que evita a floración e que se asociaba no informe ao efecto da contaminación xerada polo tráfico. De ser así tería que aclararse o seu traslado.

Marea de Vigo sigue a cuestionar a substitución da masa arbolada actual nas beirarúas, con máis de 50 anos de existencia por novas especies que tardarán anos en medrar como o ginkgo biloba e que non ofrecen a masa arborada compacta como a actual.

Do mesmo xeito trasladará ao parlamento europeo, a través da comisión de peticións cando esté constituida e en funcionamento despois das recentes eleccións europeas, unha consulta para que a UE aclare se unhas escaleiras mecánicas cun custe enerxético e polo tanto cunha pegada de carbono moi elevada e a tala de masa arborada existente entra dentro dos criterios obxectivos que marca o uso dos fondos EDUSI e a estratexia ambiental e de sostenibilidade que persigue o uso deste fondos comunitarios.

 

Una respuesta para "Marea de Vigo pide que se aclare o estado real das árbores de Gran Vía e do seu futuro ante as versións contradictorias do Concello"

  1. Gamela   20/06/2019 at 18:13

    Esto semella “a guerra de papá” (contra 20 concelleiros) falando das árbores da Gran Vía ?
    Logo de perder 6.000 votos e un concelleiro, e pasar ao grupo mixto os 3 restantes (xunto co BNG) o único que está claro é que os que se dín “comunistas” agora teñen a sede no lugar máis caro de todo Vigo… Seica o neoliberalismo está facendo estragos na chamada “esquerda desunida” ?

    Sede na Porta do Sol e as árbores da Gran Vía (esta é a nova politica?)
    https://flic.kr/p/2ggUgHt

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.