Marea de Vigo pide que se consulte a comunidade escolar a proposta de traslado de centro educativo en vez de acudir aos medios

O grupo municipal da Marea de Vigo considera que “a fin de semana de delirio de infografías” do Alcalde de Vigo ben podería ter previamente unha consulta á cidadanía, especialmente a ANPA e á comunidade escolar do CEIP Altamar, así como estudos de mobilidade e mesmo concrecións.
Por o 16/04/2018 | Sección: Educación,Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo pide que se consulte a comunidade escolar a proposta de traslado de centro educativo en vez de acudir aos medios

Marea de Vigo denuncia que despois de anos de promesas incumpridas coa comunidade educativa do CEIP ALTAMAR, encaixado nun lateral do Pavillón do Carme, sen posibilidade de ter unha zona aberta de xogos ou deportiva e con problemas serios de accesibilidade, non pode ser que nais, país e docentes coñezan pola prensa que a “fabulosa solución” é trasladalo a un solar da rúa Lalín para compartir de novo usos con outras infraestruturas públicas.

Nin é serio, nin responde a unha vontade real de compromiso por parte do Concello e da Xunta de Galicia ou mesmo do Ministerio de Cultura, xa que todo dependerá de se finalmente a Biblioteca do Estado, proxectada orixinariamente na Panificadora pero previsiblemente situada, por falta de espazo, nos edificios dos actuais xulgados da rúa Lalín, acabe sendo consensuada nesa finca municipal.

Marea de Vigo valora que non pode ser o enésimo anuncio de solucións para este colexio sen compromiso real, non entendendo os motivos polos que non se deu traslado e se fixo efectiva unha convocatoria análoga do Consello Municipal de Educación, previamente ao anuncio do alcalde en medios de comunicación. Nesta ocasión, trátase dun traslado de nenas e nenos que atravesa arterias de tráfico denso, que significa problemas en canto ao aumento de densidades de tráfico e tránsitos a pé, consecuencias que deberían ter consulta previa cando menos aos país e nais e ao conxunto do persoal docente do centro.

O grupo municipal da Marea de Vigo pide a convocatoria dun consello escolar e que o alcalde solicite xuntanza á comunidade educativa do CEIP Altamar para trasladar os detalles do proxecto.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.