Marea de Vigo pide sensatez e contención no gasto relacionado coa campaña de nadal ante as necesidades

Rubén Pérez: “Pedímoslle ao goberno local que teña ‘cabeciña’ e sexa responsable ante a situación que está vivindo a economía da cidade. Non podemos duplicar o gasto deste xeito, sen garantías de retorno económico para Vigo e sobre todo para os sectores que máis o precisan”.
Publicado por o día 19/08/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pide sensatez e contención no gasto relacionado coa campaña de nadal ante as necesidades

O voceiro municipal lembra que “en 2019, un ano nefasto xa para o comercio local, os gastos foron moi por enriba do orzamentado”. “Nestes momentos, e tras a crise da COVID19, parte deste gasto tiña que estar adicándose xa a axudas e liñas de avais a centos de negocios que están coa soga ao pescozo na cidade”.

En 2019 só a partida de decoración e animación no Nadal, que estaba orzamentada en 465.000 pasou finalmente a 839.673, “nunha delirante falla de control público do que realmente precisaba nas rúas o comercio local – apunta Rubén Pérez – , que tivo no mes de decembro e xaneiro unha campaña de ventas desastrosa”. “As luces – prosigue – incrementaron o contrato anual en máis de 100.000 euros dos 800.000 euros previstos e este ano a prevision pode quedar superada”.

Marea de Vigo considera que gastando exactamente o que figura no orzamento para programas de Nadal e luces aforraríase unha cantidade superior ao medio millón de euros, “que deberían empregarse de xeito inmediato en políticas activas de axuda ao comercio e hostelaría local, nunha realidade na que a situación na cidade agrávase por momentos sen que exista resposta activa do Concello” lamenta o voceiro municipal.

“É cando menos temerario fiar todo a unha campaña no mes de decembro que está a expensas da situación sanitaria que podemos vivir, das restricións de acceso de persoas a espazos fácilmente masificables e especialmente da situación económica dos potenciais visitantes da nosa cidade” explica Perez. Especialmente o turismo con pernoctacións, “xa que o excursionismo de autobús que o alcalde leva alentando anos para o Nadal vigués, salvo na hostalería do centro da cidade non é o modelo turístico a alentar para que teña retorno económico na cidade” resalta Rubén Pérez.

Marea de Vigo segue a demandar o cumprimento das “axudas millonarias” do goberno local ao comercio de hostalería da cidade que está en situación dramática, axudas que deberían ir na líña que concellos como Barcelona, Valencia, Lugo etc.. habilitaron para os autónomos e pequeño comercio, tanto liñas de axudas como avais financeiros con soporte público, que permitan tanto o mantemento e creación de emprego no sector coma o pago do alugueiro de locais comerciais, naves, etc, así como a cobertura de gastos comúns como seguros, electricidade, auga, teléfono e internet.

Comentar noticia

Your email address will not be published.