Marea de Vigo pide seriedade nas propostas de conexión da nosa cidade coa alta velocidade ferroviaria

Rubén Pérez: “Seguimos apostando pola conexión a través de la liña do Miño que conecta Vigo e Ourense. Mellorada, electrificada e coa modificacións dalgúns trazados permite alcanzar a mesma velocidade prevista coa variante de Cerdedo”
Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo pide seriedade nas propostas de conexión da nosa cidade coa alta velocidade ferroviaria

Marea de Vigo ve positivo que o Goberno do Estado estea desbotando definitivamente de facto a variante de Cerdedo, feito que tamén queda evidenciado ao estar os promotores da mesma falando xa doutra alternativa. “Isto abre novas posibilidades para buscar unha conexión de alta velocidade sostible en termos medio ambientais, economicamente viable e que evite outros vinte anos de atraso con respecto ao resto do Estado, tal e como temos expresado en reiteradas ocasións” engade Rubén Pérez.

“A proposta que volve formular o mesmo sindicato que no seu día formulou a variante de Cerdedo, segue sen solucionar o principal problema ligado a esta cuestión, que non é outro que ter unha conexión ferroviaria minimamente digna con Madrid antes do 2025” matiza Rubén Pérez. “Ademais – continúa o voceiro – todo o investimento que se está facendo en alta velocidade, é a costa do desmantelamento da rede convencional de tren de cercanías e transporte de mercancias, este último fundamental para a nosa cidade con respecto á saída sur, saída que debe ser un eixo vertebrador para o futuro desenvolvemento económico da nosa comarca”.

O Grupo municipal da Marea de Vigo pide ao Goberno de Abel Caballero que se deixe xa de facer demagoxia cunha infraestrutura como esta. “Os últimos dez anos foron especialmente ridículos, co colofón final do concerto da Coral Casablanca pedindo a realización da variante de Cerdedo” conclúe Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.