Marea de Vigo pide un auténtico debate sobre a Área Metropolitana e o seu funcionamento e non sobre a presidencia

Por o 06/07/2015 | Sección: Marea Vigo,Política
Marea de Vigo pide un auténtico debate sobre a Área Metropolitana e o seu funcionamento e non sobre a presidencia
Compartir en:

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, considera que a xuntanza de hoxe do alcalde de Vigo, Abel Caballero, co presidente da Xunta, Núñez Feijoo, ten que priorizar o funcionamento da área metropolitana e considera un debate secundario a presidencia.

Para a MAREA DE VIGO o debate de presidencias ou órganos xestores da área metropolitana non pode deixar nun plano secundario a realidade do feito de que estamos ante un instrumento que pode ser moi eficaz para rematar coa xestión da “antidiluviana” deputación na área metropolitana de Vigo e cos modelos de xestión privada con afán de lucro de transporte, auga, RSU, etc…

MAREA DE VIGO defende unha auténtica lei de área metropolitana, con financiación real e con xestión pública e directa dos servizos competentes como xestión de residuos, transporte, etc…

Vigo afronta uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos a organizar os servizos para o seu abaratamento e sostenibilidade social.

PRENSA MAREA DE VIGO