Marea de Vigo pídelle ao alcalde do PSOE que deixe o sainete e comece a ver pola cidade e polas persoas, e non polos intereses das grandes concesionarias que sustentan o seu Goberno.

Rubén Pérez: “Abel Caballero publicita un Vigo inexistente e irreal por medio das concesionarias coma Vitrasa ou Aqualia e todas as construtoras ‘agraciadas’ cos millóns de euros que gañan a través das humanizacións”.
Por o 12/02/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo pídelle ao alcalde do PSOE que deixe o sainete e comece a ver pola cidade e polas persoas, e non polos intereses das grandes concesionarias que sustentan o seu Goberno.
Compartir en:

O Grupo municipal da Marea de Vigo cualifica o “modelo de cidade de Abel Caballero”, como “unha cidade sen investimento social, con índices de pobreza galopantes, e cun abandono das parroquias”. Para a Marea de Vigo, este feito “é sistematicamente borrado a través das inxentes cantidades de diñeiro público usado polo alcalde para crear campañas publicitarias en medios e espazos públicos”.

Marea de Vigo critica que o alcalde do PSOE “estivera toda a lexislatura anunciando os mesmos investimentos e deixando sen executar a maior parte dos mesmos para concentralos no último ano de lexislatura. Isto é un insulto aos vigueses e viguesas que pagan relixiosamente os seus impostos e taxas en cada exercicio fiscal – segundo afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal – a campaña permanente do alcalde é un claro uso partidista e manipulador dos recursos públicos, seguiremos fiscalizando os contratos menores que de xeito brutal deitan miles de euros para vender un Vigo inexistente”.

Para a Marea de Vigo, existen importantes cuestións que marcaron toda a lexislatura de Abel Caballero, como a anulación do PXOM, o ausente gasto social nunha cidade onde os niveis de pobreza e exclusión social aumentan, o abandono dos barrios fronte a “milla de ouro” do centro, mais, unha das máis destacable, que non é gratuíta para Vigo, é a suposta conivencia do Goberno do PSOE coas concesionarias, sobre as que non existe control algún, e se lles deixa facer ao seu antollo e sen facerse responsable nin dar a cara ante os múltiples conflitos laborais que xurdiron nos seus cadros de persoal. “É por isto que somos nós os que lle preguntamos ao alcalde de quen ou de que son os intereses aos que responden as súas políticas, e lembrámoslle que ese camiño da ‘cortina de fume’ que escolleu, non é eterno e en moitas ocasións resulta moi versátil, tal e como lle aconteceu a moitos alcaldes-monarca no conxunto do Estado, coñecidos por todos e todas nós como aconteceu na Marbella dos anos 90, que resultou ser todo un espellismo” conclúe Rubén Pérez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.