Marea de Vigo pídelle ao alcalde que non preste ao Ministerio de Facenda os recursos da cidade

Rubén Pérez: “O Concello de Vigo pode usar xa o seu superávit e o seu remanente sen limitacións como así reflicte o RD aprobado onte. Poderíamos e deberíamos estar xa usando xa estes recursos para a recuperación económica da nosa cidade tras a crise do COVID19”.
Publicado por o día 06/08/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pídelle ao alcalde que non preste ao Ministerio de Facenda os recursos da cidade

Marea de Vigo pide ao alcalde que non subscriba o préstamo de fondos co Ministerio de Facenda xa que “este sería incluso contraproducente para as nosas arcas municipais” e ínstao a “empregar a posibilidade das modificacións orzamentarias de urxencia pola situación da COVID, tal e como reflicte o artigo 9 do Real Decreto que recolle o acordo entre o Ministerio e a FEMP”.

O propio artigo permite que, tendo remanente e superávit no 2019, poder facer modificacions e suplementos de credito urxentes por causa da COVID, sempre que non se incurra en déficit, “polo que Vigo poderia empregar urxentemente o seu remanente sen ter que prestalo previamente ao Ministerio de Facenda, e ademais en gasto corrente, nin tan sequera exclusivamente en investimentos financeiramente sostibles, como obriga o acordo da FEMP e o Ministerio”

“Neste concello hai marxe para non entregarlle os recursos municipais a 15 anos ao ministerio. – asegurou Rubén Pérez – Se metéramos ai os recursos do Concello de Vigo, teoricamente poderíamos recuperalos no ano 2037 e sen garantías de que cando se devolvan non volvan outra vez ao caixón do inmobilizado do remanente de tesourería” . “Nesta altura – apuntou o voceiro – o alcalde tería xa 93 anos. Non se poden tomar decisións que afectan a momentos nos que non se vai estar na política activa, é absolutamente gratuíto e innecesario”.

“Consideramos que é preciso usar xa estes recursos en axudas directas ao pequeno comercio e hostalería ante a situación de inestabilidade económica que están vivindo , en poder aumentar as axudas municipais, ou en plans de emprego tan necesarios precisamente para os sectores máis afectados e que dan traballo a centos de vigueses e viguesas” explicou Rubén Pérez na rolda de prensa.

O propio decreto, segundo a Marea de Vigo, incumple o acordado entre a FEMP e o Ministerio de Facenda, “xa que o prazo de amortización e consecuente recuperación para os concellos fixado no decreto é de 15 anos, cando o acordado entre as entidades eran 10 anos (o mesmo prazo que os investimentos en Tesoro Público)” explicou o voceiro.

Alén disto, o RD tamén permite que esta cuestión non sexa debatida no Pleno, sendo unicamente necesario dar conta no mesmo de que “o alcalde solicita ao Ministerio de Facenda subscribirse ao préstamo” sen debate algún no propio Pleno municipal. “Desde a Marea de Vigo estamos en absoluto desacordo con isto e cremos que debe darse o debate e a votación no Pleno” concluíu Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.