Marea de Vigo pídelle seriedade á Xunta cando advirte da mala calidade da auga de Vigo e non toma ningunha medida ao respecto

Rubén Pérez: “Tanto a Xunta como o Concello e Aqualia deben deixar de dar rodeos e aclarar o que está acontecendo coa auga de Vigo, deixando de utilizala como arma política. ”
Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo pídelle seriedade á Xunta cando advirte da mala calidade da auga de Vigo e non toma ningunha medida ao respecto

Marea de Vigo considera que a Xunta non está sendo responsable con respecto aos anuncios alarmistas que se están a facer nestes días sobre a calidade da auga, “se realmente a situación é tal e como se está expresando por parte das persoas representantes da Xunta, deberían tomarse as medidas correspondentes, e, de ser necesario, declararse as alertas sanitarias. Pedimos que empreguen os mesmos criterios e a celeridade que se utilizaron en Ferrol cando declararon a auga non apta para consumo humano no 2015” expresa Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

Por outra banda, Marea de Vigo cualifica como “ridículas” as respostas dadas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero cando, tal e como ten costume, usa cidades como Londres, Tokio ou Paris para facer comparacións, neste caso coas analíticas de auga, cando, neste eido debería tomar como exemplo a xestión e abastecemento de auga dalgunha destas cidades, nas que é 100% pública, a diferenza de Vigo, xestionada por unha empresa privada.

O grupo municipal da Marea de Vigo segue reclamando una comisión de investigación sobre a situación do abastecemento en Vigo, onde deberían constar todas as analíticas feitas (Aqualia, Laboratorio Municipal e Xunta) xunto ás comparecencias das persoas responsables de cada entidade.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo insiste na remunicipalización do abastecemento de auga como parte da solución. Cuestións como o cambio tarifario (cobrando polo consumo real), a mellora da rede ou políticas de aforro de auga colaborarían á mellora do abastecemento.