A Marea de Vigo preparada para gañar as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio

Publicado por o día 16/02/2015 na sección de Marea Vigo,Política

A Marea de Vigo preparada para gañar as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio

Logo de sete meses de traballo intenso a marea chega a un dos momentos máis importantes. Os/as compañeiros/as dos diferentes grupos de traballo foron presentando o froito do seu traballo, isto son, os documentos cos que a Marea de Vigo se dotará para chegar ao goberno municipal. Na vindeira Asemblea Xeral debatiranse 3 documentos fundamentais:

·O Compromiso ético, que regula as funcións dos futuros cargos públicos da Marea.

·O Programa electoral, que se articula baixo cinco eixos: radicalidade democrática, control do público, xestión económica ética e popular, planificación e modelo de cidade, loita contra a corrupción e cooperación entre concellos.

·Protocolo de Primarias Abertas, que regula o proceso de xeito que garanta a maior pluralidade na Marea, así como o correcto desenvolvemento da campaña e votacións, baixo o principio de equidade.

Adxuntámosvos estos 3 protocolos que poderán ser emendados enviando un correo á Marea de Vigo ata o martes 17 de febreiro ás 18h. Pondo no corpo da mensaxe: documento ao que se refire, páxina e punto.

Os grupos de traballo reuniranse nun plenario, o martes 17 ás 20h na AC Bou Eva, para recoller as vosas achegas, que se trasladarán para o posterior debate na Asemblea Xeral do xoves 19 de febreiro, no café De catro a catro ás 20:30h, na rúa Girona 16.

Esta vindeira Asemblea é un momento moi importante no desenvolvemento desta ferramenta cidadá, pois demostra que a Marea de Vigo está preparada para gañar nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Gañar para poñer as institucións ao servizo da maioría social agredida. Así que vos animamos a participar e decidir.

PRENSA MAREA DE VIGO