Marea de Vigo presenta á Consellería de Medio Ambiente 25 suxestións ao trámite da consulta da Avaliación Ambiental Estratéxica que rexerá no próximo PXOM de Vigo

Rubén Pérez: “Consideramos necesario que en todos os procesos polos que pasa a redacción dun novo Plan Xeral figuren as propostas que os grupos municipais fumos expresando durante todos estes anos; A intención dunha nova redacción dun PXOM vén case dende o inicio da anterior lexislatura, coa anulación do PXOM do 2008 por parte do Tribunal Supremo en decembro do 2015”.
Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Vigo

Marea de Vigo presenta á Consellería de Medio Ambiente 25 suxestións ao trámite da consulta da Avaliación Ambiental Estratéxica que rexerá no próximo PXOM de Vigo

O Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou onte á Consellería de Medio Ambiente unha batería de propostas que considera “deben estar cubertas no futuro PXOM”. “Este é o momento no que hai que incorporar as propostas que viñemos trasladando nos últimos anos sobre o urbanismo que consideramos para a cidade de Vigo” afirmou hoxe Rubén Pérez.

Entre as suxestións elaboradas polo Grupo municipal da Marea de Vigo, Pérez fai fincapé en que “moitas delas están relacionadas coas dotacións necesarias en canto a zonas verdes. Así como cos ámbitos de edificabilidade e vivenda”, para o que se solicita “a actualización dos datos demográficos para que a edificabilidade garde coherencia cos mesmos”.

O documento reflicte peticións veciñais como a “histórica petición de conversión en tramo urbano da entrada da AP-9 desde torres de Padín, ou o soterramento da VG-20 polo seu paso por Navia”

Alén disto, tamén cobran relevancia no documento as “Cuestións ambientais como a ampliación do Lugar de Interese Local da praia do Vao e a contorna da xunqueira do Lagares; a defensa do patrimonio cultural como o caso da declaración como BIC da Panificadora; Cuestións relativas á política ferroviaria e accesos ou a necesidade urxente de que se dote ao Porto dunha delimitación de espazos de uso portuarios, sen o que as oportunidades desta infraestrutura estarán cercenadas”

“Cando se coñeza o alcance da Avaliación Ambiental e se inicie xa o trámite cara a aprobación inicial, Marea de Vigo convertira estas suxestións en alegacións concretas” concluiu o voceiro do Grupo municipal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.